Río Lempa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do río Lempa dende Honduras e Guatemala.

O río Lempa é un río con vertente ó océano Pacífico. Con 422 km de lonxitude é un dos ríos máis longos de Centroamérica e o máis longo do Salvador. A súa conca abrangue tres países: Guatemala, Honduras e O Salvador.

Nacemento e desembocadura[editar | editar a fonte]

Nace entre as montañas volcánicas das mesetas centrais da rexión a unha elevación aproximada de 1200-1500 msnm no concello de Esquipulas, Chiquimula en Guatemala, onde é a unión dos ríos Chacalapa, Tepoctún, A Planta e Olopita, e discorre 30 km en territorio guatemalteco, ingresando a Honduras onde percorre o departamento de Ocotepeque por 31,4 km.[1] Cruza a fronteira co Salvador ao nordés do departamento de Chalatenango e segue o seu percorrido por 360,2 km, desembocando na chaira costeira do océano Pacífico, entre os departamentos de San Vicente e Usulután.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Mapas de Recursos Hídricos". Servicio Nacional de Estudios Territoriales (SNET).