Río Kızılırmak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Kızılırmak
Taybi Ovasi Kızılırmak.jpg
O río o seu paso por İskilip, Taybı
País Turquía
Rexión n/d
Nacemento Leste de Anatolia
Altitude n/d
Lonxitude 1.350 km
Caudal medio
Conca Mar Negro
Desembocadura Mar Negro
İskilip, Dedesli.
O río e os seus afluentes.

O río Kızılırmak, para os gregos antigos Halis ou Halys, é o principal río de Asia Menor. Nado nas montañas de Armenia Menor, pobo da fronteira co Ponto, cordal coñecida como Antitauro. Despois de pasar polo Ponto e por Capadocia xiraba ao norte e nordeste, formando ao final o límite entre Paflagonia (que quedaba ao oeste) e Galacia e Ponto (ao leste) ata desembocar no mar Negro (Euxino). Segundo Estrabón o seu nome derivaba dunhas salinas, pero crese que este detalle non é correcto.

Baixo os hititas foi coñecido como Marasantiya. O -585 librouse unha batalla entre lidios e persas na súa beira (coñecida como batalla da eclipse) e desde entón foi a fronteira oriental do reino de Lidia co Imperio persa; o -547 o rei Creso cruzou o río para atacar aos persas, pero foi derrotado polo rei Ciro II o grande, que gañou a decisiva batalla coñecida como Batalla do Halis, que vai poñer fin ao reino de Lidia e levou o dominio persa ata o mar Exeo.

Baixo dominio turco desde o século XI, foi chamado Kizil Irmak (río vermello), nome conservado baixo os otománs e que aínda porta. Hoxe en día o seu caudal úsase para producir electricidade.

O seu curso é de 1150 km e os seus principais afluentes son o Delice Irmak (grego Cappadox) e o Devrez.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Kızılırmak