Río Ibaizabal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ibaizabal
Astola zubia.JPG
O Ibaizabal baixo a ponte de Astola
País España
Rexión n/d
Nacemento Montes Anboto e Udalaitz
Altitude n/d
Lonxitude 43 km
Caudal medio 11,8 m³/s
Conca 1.900 km²
Desembocadura Ría de Bilbao (Mar Cantábrico)

O Ibaizabal é un río de Biscaia, no norte de España. Etimolóxicamente ven de ibai, "río" e zabal, "ancho" en éuscaro, é dicir «río ancho».

Nace na fronteira de Biscaia con Áraba e Guipúscoa, preto de Elorrio, de varios arroios dos montes Anboto e Udalaitz, na Cornixa Cantábrica. Adóitaselle denominar Ibaizabal a partir da unión do Zumelegui e o Arrázola, que se unen no val de Axpe Achondo.

Corre en dirección noroeste polo chamado Val do Ibaizabal e atravesa o Duranguesado. Conflúe en Basauri co Nervión, un río de similar caudal e lonxitude, e xuntos corren en dirección noroeste. Á altura de Bilbao forman a ría de Bilbao (tamén chamada ría do Nervión ou do Ibaizabal), que desemboca no mar Cantábrico.

En todo o seu percorrido, fóra da súa parte alta, as súas beiras están altamente urbanizadas e industrializadas, principalmenete con industrias metalúrxicas e químicas (papeleiras) o que deteriora a calidade das augas e altera os ecosistemas propios das súas beiras ao verse canalizado e encaixonado en moitos tramos da súa canle. As reformas do saneamento melloraron moito a calidade das súas augas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]