Río Guadiato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Guadiato é un río, afluente do Guadalquivir, que corre enteiramente pola provincia de Córdoba, na comunidade autónoma de Andalucía, España.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Guadiato nace na Serra Morena, no lugar denominado Los Prados, no concello de Fuente Obejuna. Realiza un curso moi encaixado cara o sur, polo que apenas ten afluentes de importancia. Logo de 118 kms de curso desauga na beira dereita do Guadalquivir, entre as localidades de Almodóvar del Río e Posadas.

Explotación[editar | editar a fonte]

No curso do Guadiato hai dous encoros (Sierra Boyera, Encoro de Puente Nuevo. Un terceiro está levantado xa na confluencia con o Guadalquivir (Breña).