Río Guadalimar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Guadalimar
O Guadalimar en Puente Mocho
PaísEspaña
NacementoCerro Almenara
Lonxitude180 km
Conca5.226 km²
DesembocaduraRío Guadalquivir
O Guadalimar sitúase no curso alto do Guadalquivir

O río Guadalimar é un afluente do Guadalquivir, pola súa marxe dereita, que corre principalmente por Andalucía. Polo seu caudal é o segundo tributario máis importante do Guadalquivir, despois do río Genil. A súa lonxitude é de 180 km.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Guadalimar nace ao pé do Cerro Almenara, na Serra de Alcaraz, na provincia de Albacete, a 1.200 m.s.n.m., para adentrase deseguido na provincia de Xaén. O seu curso transcorre encaixado na serra de Segura, abríndose ás veces nos terreos ondulados das comarcas de Baeza e Linares, para confluír, finalmente co Guadalquivir á altura de Mengíbar. O Guadalimar é un río da conca alta do Guadalquivir, e a súa propia bacía alcanza 5.226 km².

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os seus principais afluentes recíbeos pola beira dereita, salientando o río Guadalmena, o Guadalén e o Guarrizas. Os afluentes da beira esquerda son moito máis curtos.

Encoros[editar | editar a fonte]

No propio río hai un pequeno encoro, o de Giribaile. Augas abaixo da súa confluencia co Guadalquivir sitúase o encoro de Mengíbar, cunha "cola" que remonta o treito final do Guadalimar.

Protección[editar | editar a fonte]

O treito alto do Guadalimar transcorre polo Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome do río deriva do árabe wadi-al-ahmar, "o río vermello". O cambio -a- > -i- prodúcese por imela.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ministerio de Medio Ambiente, Confederación Hidrográfica del Guadalquivir.
  • Ian Meadows, Historical Markers, en rev. Aramco World, Xaneiro-febreiro 1993.