Río Guadalfeo
| Guadalfeo | |
|
Garganta do río Guadalfeo |
|
| País | España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Loma de las Albardas |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 66 km |
| Caudal medio | 6,65 m3/s |
| Conca | 1.295 km2 |
| Desembocadura | Mar Mediterráneo |
O Rio Guadalfeo é un pequeno río español da vertente mediterránea, na Comunidade Autónoma de Andalucía, cunha lonxitude de 66 km.
Índice |
Percorrido [editar]
O río fórmase a partir da unión de tres pequenos regos Poqueira, Trevélez e Cádiar, no concello de Bérchules (Granada), na Loma de las Albardas, nas cadeas montañosas erguidas entre a serra Nevada e os cordais litorais da serra da Contraviesa. Os dous primeiros xúntanse previamente antes de confluír con o Cadiar, perto da localidade de Órgiva. Atravesa a rexión das Alpujarras en boa parte do seu curso, salvando unha espectacular garganta, denominada o Tajo de los Vados, entre os montes de Lújar e os montes de Chaparral, antes de desaugar no Mar Mediterráneo en Salobreña, Málaga.
O curso do Guadalfeo transcorre moi encaixado, antes de saír á chaira litoral.
Delta [editar]
Durante o período Holoceno (derradeiros dez mil anos aproximadamente) o mar estaba máis baixo; durante esa época o alto nivel erosivo do río transportou abundante material (gravas máis ou menos grosas, areas, limos e arxilas) que formaron unha relativamente ampla chaira litoral, pola que o río foi abrindo varios cauces, até confugurar unha desembocadura en delta, que ocupa uns 42 km2, entre Salobreña e Motril. O encauzamento artificial do río, eliminou a saída ao mar en distintos brazos. Por outra banda, a captación de augas, para regadíos e outros usos, na mesma garganta prelitoral e no delta, doulle ao curso baixo un aspecto de río seco ou rambla, na terminoloxía xeográfica mediterránea.
Afluentes [editar]
A parte dos precitados que o forman, recibe pola súa dereita o río Dúrcal ou Izbor, con o seu subafluente o Lanjarón, cunha conca total de 456 km2. Outros tributarios importantes pola dereita tamén, son o río Órgiva e o río de La Toba.
Réxime hídrico [editar]
O Guadalfeo posúe un réxime nivopluvial, a causa dos pequenos afluentes e regatos que recibe desde grandes alturas da serra Nevada, e á par é de réxime torrencial, consonte o réxime pluvial do clima mediterráneo. O dexelo déixase notal entre maio e xullo, mentres as maiores precipitacións ocorren nos meses de decembro e xaneiro.
Economía [editar]
No pasado o río foi usado sobre todo para usos agrícolas, captando as súas augas para regadíos. Recentemente, rematouse no ano 2003, levantouse un encoro, a Presa de Rules, precisamente na cabeceira da súa garganta. Na confluencia con o Poqueira e o Trévelez, ergueuse outro encoro menor, denominado Dique del Granadino. No seu afluente amoir, o Izbor, construíuse outro encoro, o de Encoro de Béznar.
Toponimia [editar]
O nome do Guadalfeo procede do árabe wad-al-few, "río da garganta".
Fontes [editar]
- Agencia Andaluza de Agua, Junta de Andalucía, mantén unha páxina web moi completa sobre o Guadalfeo: "Río Guadalfeo. Un modelo de gestión integral de cuenca".
- A web Proyecto Hormiga ten unha Unidade Didáctica dedicada ao "Río Guadalfeo".
- Atlas Medio Universal y de España. Madrid. Ed. Aguilar. 1960.