Río Grande do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Río Grande do Sul")
Rio Grande do Sul

Río Grande do Sur
Bandeira do Río Grande do Sur Escudo do Río Grande do Sur
Bandeira Escudo
Lema: Liberdade, Igualdade, Humanidade
Himno: Hino do Rio Grande do Sul
 
Rio Grande do Sul in Brazil.svg
 
Estado Flag of Brazil.svg Brasil
Capital
 • Poboación
Porto Alegre
1.503.094 (2011)
Linguas
 • Oficiais
Portugués
Portugués
Estatus
 • Gobernador
Estado
Tarso Genro (PT)
Fundación
1889
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 9º
281.748 km²
n/d
n/d km
622 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 5º
10.770.603 (2012)
38 hab./km²
Xentilicio Gaúcho ou sul-rio-grandense
Fuso horario
 • en verán
BRT (UTC-3)
BRST (UTC-2)
Dominio de Internet .br
Código ISO BR-RS
Estados do Brasil

O Río Grande do Sur é o estado máis meridional do Brasil. Limita ó norte con Santa Catarina, ó leste co Océano Atlántico, ó sur coa República Oriental do Uruguai e ó oeste coa Arxentina. A súa capital é Porto Alegre.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1627 xesuítas españois crearan as primeiras misións católicas na rexión, pero foron expulsados polos portugueses en 1680. En 1687 novamente tentaron crear misións na área que ficou coñecida como Sete Povos das Missões ("Sete Pobos das Misións"), e novamente foron expulsados en 1737.

Sendo a rexión punto estratéxico para a ocupación portuguesa no sur do Brasil, foi fundada en 1742 a vila de Porto dos Casais, actual cidade de Porto Alegre, coa axuda de colonos vidos das illas dos Azores. As loitas polo dominio da rexión cesaron en 1801, cando os gauchos tomaron os Sete Pobos das Misións, incorporando o seu territorio. En 1807, o Río Grande do Sur foi elevado á condición de Capitanía.

Despois da independencia do Brasil, a entón capitanía tornouse provincia. En 1824 chegaron os primeiros colonos alemáns na zona do actual municipio de São Leopoldo.

En 1835 comezou unha rebelión contra o goberno da rexencia do Imperio do Brasil, que durou ata 1845 e foi coñecida como a Guerra dos Farrapos. Esta rebelión foi o máis longo conflito militar interno do Brasil. Máis tarde, en 1865, a provincia foi invadida por tropas do ditador Francisco Solano López, durante a Guerra do Paraguai.

Casa de pedra de inmigrantes italianos, en Caxias do Sul.

En 1875 comezaron a chegar os primeiros inmigrantes italianos, que fundaron cidades como Caxias do Sul, Bento Gonçalves e Garibaldi. Coa proclamación da república en 1889, o Río Grande do Sur converteuse en estado. As disputas políticas locais só foron pacificadas cando Getúlio Vargas chegou a gobernador, en 1928.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O estado do Río Grande do Sur ocupa unha superficie de 281.748,6 km², equivalente en tamaño ó Ecuador ou 3 veces o tamaño de Portugal e pouco máis de 3 % da superficie total do Brasil. A súa poboación equivale a un 6% da poboación total do país.

As principais cidades do estado en poboación total, son: Porto Alegre, Caxias do Sul, Pelotas, Canoas, Rio Grande e Santa Maria.

O estado posúe catro tipos principais de vexetación:

O clima predominante do estado é o subtropical húmido, con estacións ben definidas. Nas rexións montañosas da Serra Gaucha poden rexistrarse temperaturas por baixo dos 0 °C e a caída de neve en días máis fríos do inverno. A mínima rexistrada no estado foi de -13 °C no ano de 1996 no municipio de São José dos Ausentes. Xa as cidades de Uruguaiana, Lageado e Campo Bom ten os récords do estado en temperaturas altas no verán, chegando cerca dos 40 °C.

Economía[editar | editar a fonte]

Industria

É o máis grande produtor de calzados do Brasil, axudado polo unha importante gandería. Tamén produce cigarros, produtos petroquímicos, téxtiles, madeira e derivados. A General Motors abriu unha planta de produción no estado, que pode producir ata 200 mil vehículos por ano, dato este que tamén trouxo a instalación de fábricas de pezas automobilísticas para o estado.

Agricultura e Gandería

O estado é importante produtor de arroz (vendido para todo o país), soia, millo e trigo. Tamén produce tabaco usado para producir cigarros que o estado exporta. Na Serra Gaucha (nas cidades de Bento Gonçalves, Caxias do Sul e Garibaldi) cultívase a vide.

Turismo[editar | editar a fonte]

O turismo é outra importante fonte de renda do estado, sobre todo nas rexións da Serra Gaucha de colonización alemá (Nova Petrópolis, Canela, Gramado), e italiana (Bento Gonçalves, Caxias do Sul, Garibaldi) cos seus costumes típicos. Ademais das curiosidades históricas, estas cidades albergan paisaxes deslumbrantes, como a Cascada do Caracol na cidade de Canela, e os canyons de Itaimbezinho e Fortaleza em Cambará do Sul e São José dos Ausentes, ademais dunha gastronomía moi rica, grazas ás influencias gaucha e dos inmigrantes. Gramado tamén alberga un Festival de Cinema que atrae público para asistir a filmes de produción nacional. En días máis fríos de inverno, a caída de neve tamén pode ser un atractivo na Serra Gaucha, principalmente en São José dos Ausentes, considerada a cidade máis fría do estado. A Serra Gaucha recibe millares de visitantes todos os anos.

Praia da Cal, en Torres.

No litoral destacan as cidades de Torres, Capão da Canoa e Tramandaí, que tamén atraen turistas dos países veciños, Arxentina e Uruguai. O litoral de Torres está marcado pola presencia de cantís pronunciados, que atinxen os 30 metros de altura.

No interior do estado, destacan a rexión do Pampa, coa súa actividade de gandería e os costumes dos gauchos, e a Rexión das Misións Xesuítas (cidade de Santo Ângelo). Ó suroeste do estado destaca a rexión do Banhado do Taim, que alberga mamíferos (roedores, carnívoros), réptiles e aves, moitos destes ameazados de extinción.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación do estado descende de inmigrantes europeos, destacando os italianos e alemáns, que fundaron cidades na rexión da Serra Gaucha, pero tamén de portugueses, principalmente das illas Azores (estes en Porto Alegre e no litoral).

O gaucho típico resulta da mestura de españois e portugueses con indios guaraní e charrua (unha etnia hoxe extinta) e tamén africanos. Descenden dos primeiros poboadores da pampa, instalados a partir do século XVI, que vivían de cazar o gando que fuxía e se criaba solto tornándose salvaxe, nesta rexión de pastos naturais. Existen gauchos tamén na Arxentina e no Uruguai. Hai tamén uns poucos índios puros, de etnias guaraní e kaingang.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]