Río Grande do Norte - Rio Grande do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rio Grande do Norte
Bandeira-rn.png Escudo Rio Grande do Norte.gif
Capital Natal
Superficie 53.306,80 km²
Poboación (Censo 2000) 2.770.730
Densidade 51,98 hab./km²
Fuso horario UCT-03 (mesma hora de Brasilia)
Gobernadora Wilma Maria de Faria
Brazil State RioGrandedoNorte.svg
Mapa de Brasil co estado


Río Grande do Norte (en portugués, Rio Grande do Norte) é un estado brasileiro localizado na Rexión Nordeste. Limita ao norte e leste con Océano Atlántico, ao sur con Paraíba e ao oeste con Ceará. Ocupa unha superficie de 53.306,80 km². A súa capital é Natal. A súa superficie total é un pouco maior que as da Costa Rica e da Croacia.

Xeografía [editar]

Máis de 80% do seu territorio presenta unha altitude menor que 300 metros. O seu clima é tropical, pero con unha distinción: na franxa litoral leste é máis chuvioso, e no interior, despois do Planalto da Borborema, é semiárido. Moitos ríos do estado non son perennes, e desaparecen cando dos meses máis secos. Os ríos principais do estado son: Mossoró, Apodi, Assu, Piranhas e Potengi. A capital do estado, Natal, está situada xunto á foz do río Potengi.

Economía [editar]

Os principais produtos do estado son o petróleo (é o segundo estado brasileiro en produción total) e o sal mariño. Na agropecuaria, destácase a fruticultura irrigada na rexión da Chapada do Apodi, principalmente para exportación. Xa a gandería abastece parcialmente o consumo local.

Na industria, destácase o parque téxtil e a extracción de petróleo cru e gas natural (o estado non ten refinerías). Ata recentemente, por súa proximidade coa Liña do Ecuador, o estado ten sido peza importante no Programa Espacial Brasileiro. Alí está a base de lanzamento de foguetes meteorolóxicos da Barreira do Inferno, que xa lanzou máis de 2 mil foguetes e globos sonda dende 1965.

Turismo [editar]

O turismo é unha fonte de renda importante principalmente para a capital do estado, pero tamén para outros municipios do litoral, como São Miguel do Gostoso. O bo tempo atrae turistas brasileiros e estranxeiros ás súas praias. Os paseos de bugre (un automóbil feito co chasis e motor do VW escarabello, rodas largas e sen teito) nas dunas de Genipabú xa son coñecidos ata mesmo fóra do Brasil.

Pero todo isto non é suficiente para garantir a mellora da renda nos municipios máis pobres do interior do estado, que sofren coas secas periódicas, que duran meses seguidos e provocan éxodo rural.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: