Río Caudal
| Caudal | |
|
O Caudal na altura de Mieres |
|
| País | Asturias |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Confluencia do Lena e Aller |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 18 km |
| Caudal medio | |
| Conca | |
| Desembocadura | Río Nalón |
O río Caudal é un curso fluvial que corre pola zona central de Asturias, no norte da Península Ibérica, e verte as súas augas no río Nalón, despois de a penas 18 km de percorrido. Ten sona por constituír unha das dúas grandes concas mineiras de Asturias, distribuíndose na súa contorna varios pozos mineiros.
Índice |
Curso [editar]
O Caudal nace en Sovilla, Mieres, a 256 metros de altura sobre o nivel do mar, da confluencia dos ríos Lena e Aller. O sentido xeral da súa marcha é sur-norte, pero cunha grande incurvatura cara oeste. Desemboca no Nalón á altura de Soto de Ribera.
Afluentes [editar]
Os seus tributarios son pequenos regatos dos que se poden citar o Duró, Turón, San Juan e máis o Valdecuna, entre outros.
Localidades que atravesa [editar]
A poboación máis importante que cruza é a cidade de Mieres.
Historia e curso do río [editar]
O río de Mieres, é dicer o Caudal, era denominado, até 1304, río Aller, polo que este semella ser o nome orixinal e o nacemento do río correspondería ao que hoxe se considera un confluente. A partir desa data pasou a denominarse Caudal pola abundante auga que levaba. Popularmente é denominado polos mierenses "río grande"[1]. Porén durante o século XX a continuación do Caudal, río arriba, considerouse que era o río Lena, como se pode ver en atlas de uso corrente[2]. Esta identificación aínda se mantén na actualidade por organismos oficiais, como a Confederación Hidrográfica do Cantábrico, que o expón así na súa cartografía[3].
Prolongado a través do Lena, o Caudal atinxe un total de 61 km de lonxitude e o seu nacemento viría a radicarse nos Montes de Val Grande, nas inmediacións do Porto de Pajares, moi cerca das lindes con a provincia de León.
Notas [editar]
- ↑ http://mieresymierenses.com/EL9620RIO.htm
- ↑ Cfr., p.ex. Atlas Medio Universal y de España. Madrid. Ed. Aguilar. 1960, mapas das páxs. 82-83
- ↑ CHCant http://chcantabrico.es/imagenes/cuenca/Rios_CHCant.pdf