Río Bravo
| Río Bravo | |
|---|---|
| Título orixinal | Rio Bravo |
Fotograma dos créditos |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Howard Hawks |
| Produtor | Howard Hawks |
| Guión | Leigh Brackett, Jules Furthman |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | John Wayne, Dean Martin, Angie Dickinson, Walter Brennan, Claude Akins, Ward Bond, Ricky Nelson |
| Música | Dimitri Tiomkin |
| Fotografía | Russel Harlan |
| Montaxe | |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | |
| Ano | 1959 |
| Duración | 141 min |
| País | Estados Unidos |
| Xénero | {{{xénero}}} |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Río Bravo (1959) é un western dirixido por Howard Hawks, e unha das cinco películas nas que traballou con John Wayne (Río vermello (1948), Río Bravo (1959), Hatari! (1962), El Dorado (1966), Río Lobo (1970)).
Podemos interpretar Río Bravo en contraposición a outro western da época, Só ante o perigo (1952) de Fred Zinnemann. Na película de Zinnemman un atribulado shériff (Gary Cooper) pasaba a película pedindo desesperadamente axuda e ninguén o axudaba. No filme de Hawks o shériff en perigo non pide axuda pero todos están dispostos a lla prestar.
Son enfoques radicalmente distintos: Howard Hawks concibe o heroe como un home forte (habitualmente acompañado por mulleres fortes) que debe saír el só dos seus problemas, un personaxe que sabe como comportase e o que debe facer en cada momento.
Sobre a elaboración do guión cabe dicir que os guionistas case sempre dispoñían dun par de opcións boas para resolver cada situación e iso permitiu que anos máis tarde puidesen utilizar parte do material descartado para facer El Dorado (1967) un filme crepuscular que retoma o tema do shériff "só ante o perigo".
Como curiosidade, no filme actúa Ricky Nelson (unha estrela musical xuvenil do momento), esa ocorrencia publicitaria permitiu que vise o filme un tipo de público novo que non coñecía a Howard Hawks.