Río Angara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angara
Angara River2.jpg
O Angara en Irkutsk
País Rusia
Rexión n/d
Nacemento Lago Baikal
Altitude n/d
Lonxitude 1.779 km
Caudal medio 2.071 m3/s
Conca 1.039.000 km2
Desembocadura Río Ienisei
A conca do Baixo Angara.

O Angara (en ruso escrito Ангара) é o nome de dous ríos de Siberia, Rusia :

Alto Angara[editar | editar a fonte]

  • O Alto Angara (Verkhniaia Angara) que nace nos montes de Nertchinsk e desemboca no lago Baikal, logo dun curso de arredor de 500 km.

Baixo Angara[editar | editar a fonte]

  • O Baixo Angara ou Angara propiamente dito, que é o único río que xorde do lago Baikal, en tanto que recibe as augas de 336 correntes fluviais !. É o tributario máis importante do río Ienisei.

Curso[editar | editar a fonte]

O Baixo Angara nace do Baikal a 455 m de altura s.n.m., cerca da localidade de Listvianka. Corre en dirección norte, bañando as cidade de Irkutsk e de Bratsk, despois oriéntase cara ao oeste tras recibir as augas do río Ilim, para se unir ao Ienisei en Strelka, a 76 m sobre o nivel do mar. A súa lonxitude total é de 1.779 km.

Explotación económica[editar | editar a fonte]

O Angara está regulado por encoros hidroeléctricos que figuran entre os máis importantes do planeta. O primeiro está situado nos límites de Irkutsk (encoro de Irkutsk, 660 MW) a unha distancia de sobre 80 km do lago Baikal. Seguidamente atópanse as presas de Angarsk e de Bratsk (esta produce 4.500 MW). A "cola" creada polo encoro de Bratsk figura entre os maiores lagos artificiais do mundo (5.004 km2). Este encoro fornece, de media, 71 milleiros de kWh por ano.

Datos hidrográficos[editar | editar a fonte]

A conca hidrográfica do Angara cobre unha área de 1.039.000 km2, practicamente o duplo da superficie de España. As súas augas fican conxeladas desde comezos de novembro até mediados de maio. Co desxeo as súas augas aumentan de profundidade. En Tatarka, preto da confluencia con o Ienisei, o caudal medio, en 1999, foi de 3.260 m3 no mes de xaneiro e de 11.900 m3 en maio.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os principais afluentes do Angara son:

  • Pola esquerda:
    • Tasseieva, 128.000 km2 de conca, 1.319 km de curso, 740 m3 de caudal.
    • Chuna (ou tamén dito Uda), 56.800 km2, 1.203 km, 300 m3
    • Biriussa, ou río Ona, 55.800 km2, 1.812 km.
    • Irkut, únese con o Angara no corazón da cidade de Irkutsk, posúe unha conca de 15.000 km², e o seu curso é de 488 km.
    • Kitoj
    • Oka, desauga no encoro de Bratsk, logo de percorrer 630 km; a súa conca ocupa unha área de arredor de 34.000 km2.
    • Río Belaya.
    • Ija, desemboca tamén no encoro de Bratsk; a súa bacía é de 18.100 km2; ten 1.810 km de lonxitude.
  • Desembocan no lago Baikal, e considérase que o seu curso se continúa no Angara:
    • Selenga, 447.000 km2, 1.024 km, caudal medio 310 m3.
    • Barguzine, 21.100 km2, 480 km, 130 m3.
    • Kirenga, 46.600 km2 de conca, 746 km de curso.

Navegabilidade[editar | editar a fonte]

O Angara é apto para navegación en varios tramos illados:[1][2][3]

  • Desde o lago Baikal até Irkutsk;
  • De Irkutsk a Bratsk;
  • No encoro de Ust-Ilimsk;
  • Desde a presa de Encoro de Boguchany (Kodinsk) até a súa confluencia co Ienisei.

O tramo entre o encoro de Ust-Ilimsk e o encoro de Boguchany non é aínda navegábel debido ás fervenzas; porén, co remate da presa de Boguchany e o conseguinte recheo da súa "cola", será navegábel polo menos en parte deste sector do río.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Angara