Río Amstel
| Amstel | |
|
O Amstel ao seu paso por Amsterdam |
|
| País | |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Aarkanaal |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 12 |
| Caudal medio | |
| Conca | |
| Desembocadura | |
O Amstel é un río nos Países Baixos que flúe a través da cidade de Ámsterdan. O seu nome provén de Aeme stelle, en neerlandés antigo "zona con abundante auga".
Xeografía[editar]
O río orixinariamente comezaba cando dous pequenos ríos, o Drecht e o Kromme Mijdrecht, se xuntaban un pouco ao sur de Uithoorn. Despois da construción dun canal, o Amstel-Drecht Kanaal, o río agora nace onde o Drecht e outro canal, o Aarkanaal, xúntanse entre si, preto da cidade de Nieuwveen.
A foz do río está en Amsterdam, onde se desembocaba na baía do IJ. Porén, en 1936 a última parte do río, chamada Rokin foi enchida, polo que agora o río remata na praza Spui, aínda que segue conectado co IJ por unhas tubaxes soterradas.
Illa de Amstel[editar]
O río contén unha soa illa, chamada sinxelamente Amsteleiland (Illa de Amstel). A única estrada que a atravesa pertence a Ouderkerk aan de Amstel, mais a illa en si é parte do municipio de Amstelveen. Ten unha superficie aproximada de 0,05 km².