Río Almanzora
| Almanzora | |
|
Vista do encoro do Almanzora con o canle de piragüísmo en primeiro termo |
|
| País | España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Serra dos Filabres |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 105 km |
| Caudal medio | |
| Conca | |
| Desembocadura | Mar Mediterráneo |
O Almanzora é un río de 105 km de lonxitude que corre pola provincia de Almería, na comunidade andaluza, no sudeste de España. Desauga directamente no Mar Mediterráneo.
Índice |
Percorrido [editar]
O sentido xeral do curso do río é de oeste a leste. Nace na vertente setentrional da serra dos Filabres, moi preto das lindes entre a provincia de Granada e a de Almería, a uns 1900 m.s.n.m. Até Alcóntar colle unha dirección norte, para emprender logo un decidido fluír cara levante, e alcanzar a veiga de Vera, onde desemboca, cerca de Palomares, no mar.
Afluentes [editar]
Os seus afluentes son polo xeral curtos ao baixar das vertentes montañosas que arrodean o curso principal. Destacan:
- Marxe dereita: Río Bacares, Arroyo de Albánchez.
- Marxe esquerda: Rambla de Albox.
Réxime hídrico [editar]
- É un río de réxime pluvial-torrencial, caracterizado por grandes e perigosas cheas, a última das cales se rexistrou en outubro de 1973.
Poboacións nas beiras [editar]
Entre as poboacións sitas nas súas orelas destacan: Tíjola, Purchena, Zurgena, Vega de Almanzora e Vera.
Nome [editar]
O Almanzora identificase co denominado Surbo nos textos romanos. O nome árabe está ben documentado, porén a explicación habitual, p. ex. en Nieto Ballester, Breve diccionario de topónimos españoles. Madrid. 1997, s.v. Cuevas del Almanzora, que da do árabe al-mansura "a vitoriosa; lugar da vitoria", semella algo traído polos pelos, máis cando se compara con outros dous Puente Almanzora (Murcia) e Fuente Almanzora (Málaga), e lexitimamente cabería preguntarse se non hai atracción do máis coñecido nome Al-Mansur = Almanzor, por al-majar "curso de agua".