Río Bouzós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O río Bouzós é un curso fluvial da península do Morrazo, que atravesa o concello de Cangas. Ten unha lonxitude de 4,925 km.

Nace na serra de Ermelo (Bueu) a uns 400 metros de altitude e desemboca na praia de Rodeira. O seu caudal é abondoso no inverno e baixa notablemente no verán. Nel chegou a haber preto de 25 muíños, dos que hoxe tan só funciona un cando hai festa. O río Bouzós ten numerosas fervenzas e saltos de auga. Percorre a carballeira de Coiro e nutre de auga a moitas leiras da zona.

O seu afluente principal é o río das Presas, nado en San Cosme.

No inverno é normal que o río desborde no seu paso pola rúa Atranco (Cangas) debido á importante crecida do seu caudal.