Rímur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na literatura islandesa, os rímur (singular ríma) son poemas épicos escritos en calquera rímnahættir ("metros de rímur"), existen centos deles, incluídos variacións. Este xénero data do século XIV e equivale os romances galegos, son de autores anónimos na maioría dos casos. Os rímur máis antigos son polo xeral de catro versos e tratan dos reis noruegueses, os posteriores contan historias de heroes islandeses ou batallas épicas que se transmitiron de xeración en xeración sen cambios. A maioría dos rímur recolléronse en forma escrita no século XIX, século no cal comezou a súa decadencia.