Illa de Ré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «»)
Vista da illa
Datos
Capital
País Francia
Localización Océano Atlántico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2006) 17.640 hab.
Superficie 85´32 km²
Densidade
Coordenadas 46°12′N 1°25′O / 46.200, -1.417
Maior Altura 20 m. Peu des Aumonts
Localización
Localización da illa

A Illa de Ré (coñecida antigamente como Illa de Rhé) ou Ré a branca, é unha illa costeira francesa situada no océano Atlántico fronte a La Rochelle, no departamento de Charente Marítimo, separada do continente ao norte polo Pertuis Bretón e a illa de Oléron, e ao sur polo Pertuis de Antioquía.

A illa ten 30 km de longo e 5 km de ancho, de superficie plana está conectada co continente por unha ponte de 2´9 km de longo terminado en 1988.

Administración[editar | editar a fonte]

Administrativamente é parte do departamento de Charente Marítimo na rexión de Poitou-Charentes.

Está dividida en 10 comunas (de leste a oeste): Rivedoux-Plage, La Flotte, Sainte-Marie-de-Ré, Saint-Martin-de-Ré, Le Bois-Plage-en-Ré, La Couarde-sur-Mer, Loix, Ars-en-Ré, Saint-Clément-des-Baleines e Les Portes-en-Ré.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a época romana, a Illa de Ré era un arquipélago conformado por tres illas pequenas. O espazo entre estas foise enchendo progresivamente, por unha combinación de actividade humana (campos de sal gañados ao mar) e sedimentación.

Un búnker alemán nunha das praias da illa.
Un búnker alemán nunha das praias da illa.

En 1627, unha forza inglesa de invasión comandada por George Villiers, duque de Buckingham, atacou a illa para relevar o sitio de La Rochelle. Logo de tres meses de combates e de sitios, o duque foi derrotado e viuse obrigado a retirarse.

O porto principal, Saint Martin, foi fortificado por Vauban en 1681, e utilizado máis adiante como un cárcere ao xeito dos asentamentos penais de Nova Caledonia e Güiana Francesa - Guyane française.

Durante a segunda guerra mundial, as praias da illa foron fortificadas polas forzas alemás con búnkers, para bloquear unha posible invasión marítima. Moitos dos búnkers seguen sendo visibles, en estado máis ou menos abandonado. Varias escenas da película O día máis longo foron filmadas nas praias da Illa de Ré.

Turismo[editar | editar a fonte]

Ponte que conecta a illa co continente.

A zona é un destino turístico coñecido. Ten aproximadamente as mesmas horas de sol que a Costa Azul. Na illa sopra constantemente unha lixeira brisa, e a temperatura da auga adoita ser fresca. Está rodeada de praias areosas lixeiramente inclinadas.

A poboación varía enormemente. No inverno adoita haber unhas 16.000 persoas, pero no verán esta cifra dispárase chegando ás 160.000. A illa está cuberta de vías para bicicletas, o que demostra que os residentes de rara vez utilizan o coche para os seus desprazamentos. Nela abundan os cámpings e os hoteis, así como os grandes supermercados e todo tipo de instalacións de lecer. Ten unha poboación flotante que só está alí o tempo que duran as súas vacacións.

Foto feita por satélite da Illa de Ré (NASA)