Ràdio i Televisió d'Andorra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de Ràdio i Televisió d'Andorra

Radio e Televisión de Andorra ou RTVA (en catalán Ràdio i Televisió d'Andorra) é a empresa pública de radio e televisión do Principado de Andorra. O seu principal obxectivo é o de consolidar un servizo de radio e televisión que axude ó pluralismo informativo, á formación dunha opinión pública libre e á difusión da cultura do principado.

Na actualidade conta cunha cadea de televisión creada en 1995 chamada Andorra Televisió; e duas emisoras de radio Ràdio Nacional d'Andorra e Andorra Música.

Historia[editar | editar a fonte]

A televisión e radio de Andorra naceron o 26 de outubro de 1989 despois de que o Consello Xeral de Andorra acordara a necesidade da creación dunha empresa de radiodifusión. Como resulta, o Organisme de Ràdio i Televisio d'Andorra (ORTA) foi creado e as emisións de Ràdio Nacional d'Andorra comezaron en decembro de 1990. O servizo televisivo comezou a mans de Andorra Televisió (ATV) en 1995. Desde o ano 2002, RTVA foi membro activo da Unión Europea de Radiodifusión e participou no Festival de Eurovisión desde o 2004.[1][2] No ano 2011 decidiu deixar a Unión Europea de Rediodifusión debido a problemas económicos.

A empresa compite coas cadeas de televisión e radio de España e Francia, que tamén se recíben no país.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]