Qutb Minar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Qutb Minar
Qutub Minar Delhi 02.jpg

Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1993
País: India India
Localización: 28°31′33″N 77°11′07″E / 28.52583°N 77.18528°E / 28.52583; 77.18528
Rexión: Asia
Tipo: Cultural
Criterios: iv
Descrición UNESCO: fr en

Qutb Minar (en urdú قطب مینار) é un minarete de ladrillo que se localiza na cidade de Delhi e que con 72,5 m. é un dos máis altos de Asia[1], as escaleiras da torre teñen un total de 379 banzos[2] e o seu diámetro na base é de 14,3 metres mentres na cima é de 2,7 m. O elemento máis característico son as acanaladuras de arestas agudas e arrondeadas que forman a base de numerosas imitacións posteriores [3]. A súa construción comezouna no ano 1192 Qutb-ud-din Aibak completándoa o seu sucesor Iltutmish e en 1368, Firoz Shah Tughlak construíu o quinto e derradeiro andar[4]. Está rodeado por varias estruturas e ruínas da época antiga e medieval, como a propia mesquita á que servía, Qubbat-ul-Islam, e que en conxunto reciben o nome de complexo de Qutb[5].

Historia[editar | editar a fonte]

O minarete construíuse nas ruínas de Lal Kot, a cidadela vermella dentro da cidade de Dhillika, a capital dos tomars e os chauhans, os últimos gobernantes hinduístas de Delhi.[6] Gravado no minarete pódese ler "Shri Vishwakarma prasade rachita" (Realizado coa graza de Vishwakarma) e na torre hai numerosas inscricións, tanto no alfabeto persa-árabe coma no devanágari. A mesquita á que servía, a Qubbat-ul-Islam localizábase no nordés do minarete, construída por Qutb-ud-din Aibak no ano 1198, e era a mesquita máis antiga construída polos sultáns de Delhi.

Varios terremotos e raios danaron o minarete que diversos gobernantes mandaron reparar e renovar. Así Firoz Shah mandou reparar os dous andares superiores danados por un raio. En 1505 logo dun terremoto Sikandar Lodi reparouno, o que volveu suceder en 1794 reparado por un enxeñeiro británico, substituíndo o pavillón da época de Firoz Shah polo seu, que se desmontou en 1848 e agora está no xardín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Quṭb Mīnār. Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2 de maio de 2014
  2. "Facts About Qutb Minar". iloveindia.com. http://lifestyle.iloveindia.com/lounge/facts-about-qutab-minar-3066.html. Consultado o 27 de xaneiro de 2013.
  3. Petersen, Andrew (2002) Dictionary of Islamic Architecture. Routledge, p. 242
  4. Qutb Minar na web do Goberno da India
  5. "WHC list". whc.unesco.org. 2009. http://whc.unesco.org/en/list/233. Consultado o 27 de outubro de 2011.
  6. Ali Javid e Tabassum Javed (2008). World Heritage Monuments and Related Edifices in India. Algora. p. 107. ISBN 9780875864822.