Quitnos - Κύθνος

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quitnos - Κύθνος
Vista da illa
Pobo de Driopida
Datos
Capital Quitnos - Κύθνος
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas Grego
Poboación (2001) 1.608 hab.
Superficie 100´187 km²
Densidade
Coordenadas 37°23′N 24°25′E / 37.383°N 24.417°E / 37.383; 24.417
Maior Altura 136 m.
Localización
Localización  da illa

Quitnos (do grego: Κύθνος) é unha illa grega das Cícladas occidentais entre Ceos e Serifos, en Grecia. Está a 56 millas náuticas do Pireo e a uns 40 km ao sueste do cabo Sunión, a extremidade meridional do Ática.

A cidade principal leva o mesmo nome. A antiga cidade está en ruínas e agora leva o nome de Hebraeokastron, e pódense ver as murallas. Modernamente chamóuselle Termia, por unhas augas termais na parte nordés, pero o nome non prevaleceu. O personaxe máis famoso da illa foi o pintor Cidias. A illa era coñecida principalmente polos seus excelentes queixos. Antigamente chamábase Diyopis.

Quitnos ten uns 100 km² e un litoral duns 100 km. Ten máis de 70 praias, moitas das cales son inaccesibles por estrada. Destácase o istmo en forma de media lúa de fina area de Kolona.

Asentamentos[editar | editar a fonte]

A illa tivo dous asentamentos significativos, a poboación de Mesaria ou Quitnos (pob. duns 675), coñecida localmente como Hora, e a poboación de Driopis ou Driopida (pob. duns 525), tamén coñecida como Horio. Ámbalas dúas poboacións destácanse polas súas rúas serpenteantes e graduadas, demasiado estreitas para o tráfico vehicular. Os pobos son pintorescos e con estilos arquitectónicos diferentes. Hora ten os máis típicos tellados planos das Cícladas, mentres que os tellados de Driopida son inclinados e con tellas. Destácase tamén a grande igrexa ortodoxa de Hora.

Hai tamén unha crecente poboación costeira chamada Kanala no lado leste da illa, e moitas das súas grandes praias están colonizadas por un puñado de residentes. Aghios Dimitrios, ao sur da punta da illa, é no seu maior parte un moderno asentamento, con pequenas casas de vacacións que salpican a ladeira encima dunha ampla praia que está salpicada de narcisos de mar. No extremo nordés da illa está, un pobo famoso polos seus mananciais termais, os cales dise que teñen propiedades curativas.

Vista do porto de Merihas á tardiña

O porto da cidade chámase Merihas, e a súa poboación flutúa durante o ano. Antes da década de 1970, non había residentes todo o ano. Hoxe, a poboación crece todo o ano, e especialmente no verán. Moitos residentes do porto falan inglés, o segundo idioma máis falado. Merihas está conectada co Pireo e con Laurión por ferri, e a viaxe dura unhas catro horas. A construción dun novo espigón comezou en 2005 para acomodar aos ferris máis grandes.

Quitnos ata hai pouco era unha das últimas illas das Cícladas que non foran afectadas polo impacto do turismo, pero isto cambiou. Aínda, a illa non foi sobre-explotada, e nas zonas máis remotas dos pobo subsiste a forma de tradicional de vida.

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Quitnos é moi probablemente a máis antiga illa poboada das illas Cícladas. Hai asentamentos mesolíticos do (-10000 - -8000) na costa nordés. O sitio cerca do pobo, está situado na costa, e grandes porcións foron erosionadas polo mar. As escavacións de 1996 acharon esqueletos humanos intactos, xunto con artefactos de pedra e parte do pavimento do chan, que indican un longo asentamento no tempo, probablemente de cazadores-recolectores.

Achados do III milenio adC (primeiro período cicládico) en Skouries cerca do pico máis alto da illa, o monte Profitis Elias, suxire que Quitnos era provedora de materiais en bruto de metalurxia ás outras illas durante a Idade do Bronce. Restos de lugares de fundido de cobre e minas ao ceo aberto de cobre foron investigadas en 1984-1985. Un recente estudo de Myrto Georgakopoulo sinala o traballo xerminal aquí de Gale e outros.

Os primeiros habitantes da illa coñecidos polos historiadores foron os carios, unha tribo prehelénica probablemente aliada con, ou baixo, o dominio dos minoicos que finalmente foron forzados pola invasión das tribos a trasladarse e asentarse en Asia Menor. Herodoto (VIII, 73) di que no século -XIII, outra tribo prehelénica, orixinais do continente grego cerca do Parnaso, emigraron ás illas, primeiro a Eubea e despois estendéronse a Ceos, Quitnos, e máis aló. Esta tribo probablemente deu o nome a unha das dúas principais poboacións, Driopis ou Driopida. Algunhas fontes din que a illa tomou o nome do rei Quitnos dos dríopes; outra suxiren que é máis unha figura mítica que histórica. Os dríopes trasladáronse baixo a presión dos xonios, que emigraron ao continente grego cando as tribos dorias desprazáronse desde o norte.

Un sitio heleno en Vryokastro, encima da baía de Episkopi na parte noroeste da illa, foi parcialmente escavado a mediados de século XX, proporcionando planos de chans de casas e un santuario, así como uns poucos artefactos. En artigos xornalísticos gregos do 19 de decembro de 2002, o arqueólogo Alexandros Mazarakis-Ainian anunciaba un espectacular descubrimento no sitio: un (adyton) dun templo era achado intacto. Sobre 1.400 obxectos, incluíndo preciosas xoias e artefactos de ouro, prata e bronce, figuriñas de terracota, e vasos pintados foron atopados, no que os arqueólogos determinaron era un templo de 2.700 anos dedicado a Hera, ou Afrodita. os artefactos datan a maioría do século -VII ao -V.

O sitio de Vryokastro estivo deshabitado ata época romana. Nesta época as illas Cícladas sufriron a depredación dos piratas, e quizais por esta razón, os principais asentamentos movéronse ao interior e a lugares máis defendibles.

Restos doutro antigo asentamento, con extensas murallas de pedra, puido estar no extremo norte do cabo. Este sitio, chamado Kastro, era a capital da illa desde a época de Cristo, durante a época imperio bizantino ata os tempos dos francos. Este sitio era inexpugnable: tres dos seus lados eran escarpados e caían 150 m sobre o mar. Ao cuarto lado chegábase por unha estreita senda que estaba bloqueada por un gran muro,partes do cal aínda existen (xunto con muros que delinean centos de casas). Con todo hai evidencias de que a cidade foi destruída e reconstruída varias veces. A poboación flutuou dramaticamente durante este período e a illa foi dezmada debido aos merodeadores e pragas.

Historia[editar | editar a fonte]

Kythnos-map.jpg

Só raramente a illa é mencionada polos autores antigos. Na batalla de Salamina (-480), Herodoto informa que Quitnos contribuíu cunha trirreme e un pentecóntero, e a súa contribución é conmemorada na base dun trípode de ouro en Delfos (Herodoto, VIII, 46). Logo da guerra do Peloponeso converteuse en aliada de Atenas xunto con outras illas. Non participou nas operacións de Artemisio. Foi tributaria de Atenas na confederación de Delos.

Innumerables fontes repiten que Aristóteles eloxiou ao goberno de Quitnos na súa "Constitución de Quitnos." Exactamente que foi o que escribiu é difícil de determinar, dado que todos os ensaios das 158 cidades-estado perdéronse agás a de Atenas.

Na guerra entre Macedonia e Roma, en -200, foi ocupada por unha guarnición macedonia e foi asediada por Atalo I de Pérgamo e polos rodios pero non a puideron ocupar.

Logo da morte do emperador Nerón un falso Nerón apareceu nesta illa e reuniu a moitos adeptos, pero permaneceu pouco tempo. Continuou en mans de Roma e Bizancio.

En 1205 pasou a Venecia e foi parte do Ducado de Naxos. En 1207, Quitnos caeu baixo o goberno do franco Marco Sanudo. Permaneceu en mans venecianas durante 400 anos. En 1279 foi unha das illas que ocupou a flota bizantina dirixida polo gran duque Licarios e quedou baixo soberanía bizantina ata que en 1307 Giannoulis dá Corogna, un cabaleiro da orde de San Xoan, cun grupo de soldados, ocupou as illas de Sifnos e Quitnos, e declarouse independente de [Naxos]] e de Bizancio, chamándose señor soberano de Sifnos e Quitnos. Os Corogna rexeron Quitnos e Sifnos ata que o último morreu en 1464. A herdeira Marietta de Corogna casou con Nikolaos Goranides (Nicolo I Gozzadini), que se converteu en señor.

Caterina, filla de Anxo II Gozzadini señor de Sifnos e Quitnoss (morto en 1464) casou no 1462 co duque de Naxos Xaime III Crispo (duque 1463-1480) e tivo dúas fillas: en 1463 a Fiorenza que foi señora de Namfios, de Santorini en 1479, e de Paros en 1520 (morreu en 1528); e en 1466 a Petronela. Máis tarde Adriana, filla de Nicolo II Gozzadini, señor de Sifnos e Quitnos casou con Xoán IV Crispo (duque de Naxos 1517-1544); no século XVI a filla do señor Anxo III Gozzadini de Sifnos e Quitnos, Fiorenza Gozzadini, casou con Francisco IV Crispo, herdeiro do ducado de Naxos e duque asociado (1536-1544) e tiveron unha filla, Fiorenza Gozzadini. En 1537 Barbarroxa ocupou Sifnos, pero non Quitnos que desde entón houbo de pagar tributo.

Durante este período, era coñecida como Termia, un nome derivado dos mananciais minerais da costa nordés na poboación de Loutra (que significa "baños" en grego). Estes baños eran famosos, polo menos desde época romana. A capital permaneceu en Kastro, que foi reconstruída como unha fortaleza franca e era coñecida como a Torre de Termia.

A consecuencia dun asedio os turcos resultaron vitoriosos sobre o último señor veneciano, Angelo Gozzadini, en 1617. (Segundo unha historia relatada por J.L. Bent no seu 1885 relato de viaxes das Cícladas, Kastro caeu só debido a unha traizoeira estrataxema dos turcos: unha muller nova, cun neno e aparentemente dorida, achegouse á entrada e suplicou ser admitida; a filla do vixiante abriu a porta a ela e aos turcos escondidos cerca. Bent escribe que esta versión conservábase nunha popular balada insular.

Tras a caída dos turcos, Kastro foi abandonada e a nova capital localizouse no interior, como o nome de Mesaria suxire. Máis tarde, esta cidade foi coñecida como Hora (o nome grego xenérico para unha capital, tamén escrita Chora).

Baixo os otománs, Quitnos gozou de liberdade relixiosa, pero foi un pobre, e pouco poboado lugar, aínda acosado polos piratas e sufrindo frecuentes epidemias. A maioría da súa poboación sucumbiu á praga de 1823. Con todo, foi unha das primeiras illas en rebelarse contra os turcos e unirse ao Grecia continental no seu loita pola independencia. Durante o reinado do primeiro rei grego, Odón, Quitnos foi un lugar de exilio para prisioneiros políticos e foi a escena da fracasada revolta de 1862 por rebeldes de Siros que intentaron liberar aos prisioneiros.

No século XIX, os Kynthios gañábanse a vida como o fixeron en séculos anteriores: como pescadores ou pastores. A illa tiña poucos recursos naturais e, carecía de augas profundas para o amarre dos barcos, e era relativamente inaccesible. A comezos do século XX, mineral de ferro foi descuberto na illa e os Kynthios puideron completar os seus escasos ingresos traballando nas minas. Estas minas, con todo, estiveron fóra de xogo pola segunda guerra mundial, e outra vez, a poboación da illa empeorou, e a xente nova deixouna para buscar emprego e unha vida mellor en Atenas ou ata máis lonxe.

O boom turístico grego de metade do século XX en gran parte non tocou a Quitnos debido á carencia de augas profundas no porto para os ferris. A construción dun novo espigón en 1974 precipitou grandes cambios. Hoxe, a illa é un moderno, próspero lugar, cun crecente turismo. Está á cabeza de experimentos de enerxías alternativas, co establecemento en 1983 do primeiro parque eólico, de Grecia que hoxe fornece electricidade a moitas illas. Numerosas casas individuais en remotas covas están equipadas con sistemas fotovoltaicos, e case todas as casa empregan enerxía solar.

Debido á súa proximidade a Atenas, Quitnos converteuse nun lugar de moda para as vacacións domésticas, ao que hai que sumar que é un destino accesible para os visitantes estranxeiros. Ademais das súas numerosas praias e pintorescos pobos, tamén é o lugar dunha das covas máis grandes de Grecia, a Cova Katafiki en Driopida. Esta cova, primeiro visitada na década de 1830 e descrita polo xeólogo Fiedler, ten un único "schratten" ou cortinas de roca, ademais de espeleotermas. Foi unha mina ata 1939 e actualmente foi desenvolvida como atracción turística.

Rúa típica