Quireza, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quireza, Cerdedo»)
Quireza
Cruceiro e igrexa de Quireza.
ConcelloCerdedo-Cotobade[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°34′15″N 8°26′27″O / 42.57097051, -8.44081583Coordenadas: 42°34′15″N 8°26′27″O / 42.57097051, -8.44081583
Poboación320[2] hab. (2019)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Tomé de Quireza é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 372 habitantes (178 mulleres e 194 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Tomé de Quireza rematouse a principios do século XIX, e nela traballou o canteiro Tomás Penelas. É unha mestura dos estilos Barroco e Neoclásico. Ten planta de cruz latina e bóveda de crucería, e no altar maior hai un retablo barroco feito en madeira policromada con predominio do dourado que data de 1679. A reitoral, situada ao pé da igrexa, é un orixinal exemplo da arquitectura popular, con oito columnas de cantería sostendo unha balconada tamén de pedra. Na explanada da igrexa atópase un cruceiro chamado Cruceiro das Procesións.

No lugar dos Castros hai restos dun castro, posiblemente galaico-romano, superficie plana elevada sobre un terraplén que facía de defensa.

En Fondós está situada a capela de San Xosé de estilo barroco da segunda metade do século XVIII. No seu interior consérvanse imaxes realizadas polo escultor Francisco Solla García.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Quireza[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Quireza no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Os Castros | Cuíña | Fondós | Laxoso | Mámoa Alba | O Outeiro | Piñeiro | Tresaldeas | Vilarchán

Parroquias de Cerdedo-Cotobade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]