Quique Fornos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quique Fornos
Información persoal
Nome Enrique Fornos Domínguez
Nacemento 1 de xaneiro de 1997
Lugar de nacemento As Pontes de García Rodríguez
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Cultural Leonesa
Número 15
Carreira xuvenil
As Pontes
2010–2016 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2019 Fabril 128 (2)
2019–2023 Racing de Ferrol 95 (2)
2023– Cultural Leonesa 5 (0)
Selección nacional
2014 España sub-17 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 7 de outubro de 2023.
Selección: actualizado a 27 de novembro de 2020.editar datos en Wikidata ]

Enrique "Quique" Fornos Domínguez, nado nas Pontes o 1 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego. Xoga de central na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou nas categorías inferiores do CD As Pontes, ata que en 2010 foi fichado polo Deportivo da Coruña para a súa canteira. Tras avanzar nos equipos cadete e xuvenil branquiazuis, debutou co Fabril na Terceira División o 1 de setembro de 2013, xogando como titular na vitoria ante o Cultural Areas no Mundo do Fútbol (2–1), na primeira xornada do campionato.

Só uns días despois, o 11 de setembro, con tan só 16 anos, debutou da man de Fernando Vázquez co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, nun partido de Copa do Rei contra o Córdoba CF (1–1) no que tras unha prórroga os coruñeses lograron o pase á seguinte rolda nunha quenda de penaltis na que se lanzaron 28 penaltis (12–13).[1] Durante as seguintes tres tempadas compaxinou partidos no equipo xuvenil con partidos no Fabril, subindo definitivamente ao filial na tempada 2016/17, ao remate da cal o equipo logrou o ascenso a Segunda B.[2] Militou dous anos máis no Fabril, xogando no primeiro deles unha fase de ascenso a Segunda e vivindo tamén un descenso ao ano seguinte.

O 15 de abril de 2019, logo de confirmarse o descenso matemático do Fabril a Terceira División, rescindiu o seu contrato para incorporarse de inmediato á disciplina do Racing de Ferrol, en Terceira.[3] Co equipo ferrolán xogou os últimos partidos da tempada, acadando o primeiro posto do grupo e conseguindo o ascenso a Segunda B tras vencer na promoción ao Real Jaén.[4]

Militou os dous seguintes anos na Segunda B e a continuación outros dous na nova Primeira División RFEF. Na tempada 2022/23 proclamouse campión da categoría, contribuíndo con 18 partidos e un gol ante o Linares Deportivo, e conseguiu así un ascenso a Segunda que o Racing non lograra dende facía unha década e media.[5] Con todo, tralo ascenso o club comunicoulle de xeito inesperado que non contaban con el para a vindeira tempada, a pesar de ter un ano máis de contrato.[5]

En xullo de 2023 foi presentado como novo xogador da Cultural Leonesa.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Fabril
Racing de Ferrol

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Dépor se venga del Córdoba desde el punto de penalti". Marca (en castelán). 12 de setembro de 2013. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  2. "O Fabril ascende a Segunda B ao grande". RC Deportivo. 28 de maio de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  3. "O Deportivo acepta a solicitude de Quique Fornos de saír do Fabril de modo inminente para incorporarse ao Racing de Ferrol". Deportivo da Coruña. 15 de abril de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  4. "El Racing asciende a Segunda División B" (en castelán). 2 de xuño de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Codesido, Juanma (23 de xuño de 2023). "Quique Fornos, la gran sorpresa en los descartes del Racing de Ferrol". As (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2023. 
  6. Pérez Cillero, Diego (28 de xullo de 2023). "Quique Fornos: «La Cultural es uno de los grandes de la categoría»" (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]