Qui-Gon Jinn
|
Qui-Gon Jinn |
|
|---|---|
| Cargo: | Mestre Jedi. |
| Afiliación: | Orde Jedi, Antiga República |
| Especie: | Humano |
| Planeta natal: | Descoñecido |
| Equipo habitual: | Sable de luz. |
| Actor: | Liam Nesson |
Qui-Gon Jinn (Quimen-Gonay Jinn) é un personaxe de A Guerra das Galaxias que aparece no Episodio I da saga. Foi interpretado polo actor irlandés Liam Neeson. Qui-Gon foi un nobre Cabaleiro Jedi nos tempos da Antiga República. Foi instruido por unha eminencia da Orde Jedi: o Mestre Dooku. Jinn adestrouse como un home serio, xeneroso e amable, pero tamén desenvolveu un criterio propio e certa testarudez que na maioría das ocasións non eran do agrado do Consello Jedi.
Qui-Gon cumpriu co seu deber con distinción, loitando en varios conflitos e resolvendo moitas crises políticas. Alarmouse cando descubriu que a codiciosa Federación de Comercio conseguía un exército propio e que era a mismísima República á que él defendía quen llo concedía. Foi tamén estreito colaborador do Chanceler Supremo Finis Valorum, a quen salvou dun atentado.