Quett Masire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quett Ketumile Joni Masire

Quett Ketumile Joni Masire, nado o 23 de xullo de 1925, foi o presidente de Botswana entre 1980 e 1998, ano no que renunciou e foi substituído polo daquela vicepresidente Festus Mogae.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na pequena cidade de Kanye. Foi profesor e director da escola secundaria de Seepapitso. En 1965 foi un dos fundadores do Botswana Democratic Party - BDP. Cando Botswana obtivo a súa independencia, Masire tornouse vicepresidente do país.

Coa morte do presidente Seretse Khama o 13 de xullo 1980, Masire foi escolleito presidente do país. Gobernou até 1998, ano no que renunciou.

Logo da súa saída da presidencia, converteuse nun activo diplomático, actuando como mediador na guerra civil da República Democrática do Congo. En 2007 foi nomeado pola Comunidade para o Desenvolvemento de África Austral como mediador da disputa política en Lesoto[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moabi Phia, "Former Botswana leader to mediate in Lesotho", Reuters (IOL), 22 June 2007.
Presidente de Botswana

Segue a:
Seretse Khama
Quett Masire
Precede a:
Festus Mogae
BDP