Quetodóntidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chaetodon lunula

Os Quetodóntidos (Chaetodontidae), tamén chamados peixes bolboreta, son unha familia de peixes tropicais mariños, que habitan nos arrecifes do Atlántico, Índico e Pacífico.

Características[editar | editar a fonte]

Son peixes pequenos, de entre 12 e 22 cm de lonxitude (Chaetodon lineolatus chega a 30 cm). Presentan cores brillantes e patróns de manchas estriadas en negro, branco, azul, vermello, laranxa e amarelo, aínda que hai algunhas especies de cores apagadas. Moitas teñen círculos nos ollos, bandas a través dos flancos e marcas negras.

O corpo é moi comprimido lateralmente.

Son, normalmente, de hábitos diúrnos e de augas superficiais (aínda que algunhas especues poden chegar a 180 m). As especies que se alimentan de coral son moi territoriais pero os que o fan de zooplancto se moven en grandes grupos. De noite permanencen nas fendeduras e gretas do arrecife.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Diversos exemplares de peixes bolboreta

Divídense en doce xéneros con aproximadamente 127 especies.

  • Xénero Amphichaetodon
  • Xénero Chaetodon
  • Xénero Chelmon
  • Xénero Chelmonops
  • Xénero Coradion
  • Xénero Forcipiger
  • Xénero Hemitaurichthys
  • Xénero Heniochus
  • Xénero Johnrandallia
  • Xénero Parachaetodon
  • Xénero Prognathodes
  • Xénero Roa

Nas primeiras clasificacións da suborde Percoidei, esta familia incluíase dentro dos Pomacántidos (Pomacanthidae).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Quetodóntidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Quetodóntidos