"Questions and Answers" é unha canción da banda escocesa de rock alternativoBiffy Clyro, editada como segundo sinxelo do seu álbum The Vertigo Of Bliss o 26 de maio do 2003. O seu vídeo musical foi gravado con Simon Neil nunha cadeira de rodas, despois de que rompese un pé a noite antes da rodaxe nun concerto.