Táurida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quersoneso táurico»)
O "Quersoneso táurico" da Antigüidade clásica, nun mapa impreso en Londres, ca. 1770.

Táurida (en grego: Ταυρις, Ταυριδα; en latín: Tauris, Taurida), tamén chamada Tauris, Táurica, Táuride ou Quersoneso táurico, era o nome co que eran coñecidos Crimea e os seus territorios adxacentes na Antigüidade clásica.

O nome que lle deron os gregos a esta rexión provén dos seus habitantes, os tauros. Como os tauros vivían unicamente nas rexións do sur de Crimea, o nome de Tauris aplicábase só a esta parte do sur, pero máis tarde estendeuse o nome a toda a península.

En ocasións, o nome de Táurida fai referencia ao Quersoneso táurico. Este é o nome grego para a "península Táurica" (Quersoneso significa literalmente "península"). Esta variante do nome non debe ser confundida co da cidade de Quersoneso.

Segundo as antigas lendas gregas, Tauris foi o lugar ao cal foi enviada Ifixenia tras ser rescatada por Ártemis do sacrificio humano ao que lle quería someter o seu pai Agamenón. A deusa converteu á princesa en sacerdotisa do Templo de Artemisa. Alí foi obrigada polo rei tauro Toante a sacrificar a calquera estranxeiro que chegara á terra.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.