Quenlla de Headington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quenlla de Headington.

A Quenlla de Headington, denominado no orixinal en lingua inglesa The Headington Shark, é unha escultura localizada no número 2 de New High Street, en Headington, Oxford (Inglaterra). Trátase da representación dunha quenlla ou tiburón plantada no tellado da casa no devandito enderezo.

Características[editar | editar a fonte]

A escultura, realizada en fibra de vidro polo escultor John Buckley e foi erixida no cuadraxésimo primeiro aniversario da caída da bomba atómica sobre Nagasaki, o 9 de agosto de 1986. Segundo Bill Heine, un presentador da radio local, que aínda é propietario da casa, "o tiburón representa a alguén que se sinte totalmente impotente e perfora un burato no teito da súa casa nunha mostra de impotencia, rabia e desesperación... é dicir, simboliza a Campaña para o desarmamento nuclear (CND), a enerxía nuclear, Chernóbil e Nagasaki".

A estatua pesa 200kg e mide 7,60 m. O seu nome é 1986 sen título (título escrito na porta da casa).

Controversia[editar | editar a fonte]

O Consello municipal da cidade de Oxford intentou retirar a escultura por razóns de seguridade (e tamén porque se instara sen permiso para construír), pero permanece no seu lugar grazas ao apoio popular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]