Queimada (grupo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Queimada foi un grupo musical pontevedrés de pop, activo a comezos da década de 1970.

Traxsctoria[editar | editar a fonte]

O grupo foi formado por Luis Miguel Nodar Martínez (guitarra e voz), Miguel Marras (guitarra), David Otero (baixo) e Emilio Rivas (batería). O conxunto naceu co nome de Los Drakkars e gañou o primeiro certame de grupos musicais de Pontevedra. Tras acadar certo éxito, foron a Madrid e contactaron con Juan Pardo, que se converteu no seu produtor. Mudaron o nome logo de fichar coa discográfica Ariola.

En 1971 editaron o sinxelo "Adonis" / "For you Sajang", adianto do LP Claqueta 1,2,3 y... (1972). Tamén en 1972 sacaron os sinxelos "El Tropezón (e tropezou)" / "Nuestras Manos" e "E tropezou" / "Anyway". O disco incñuía dúas composicións de Juan Pardo ("Nuestras manos" e "Give up") e catro versións de The Beatles: "Should Have Know Better", "Run for your Life", "Hard Day’s Night" e "Nowhere Man". A canción "E tropezou" foi gravada tamén en castelán por presión da discográfica. O disco incluía outra canción en galego, "Non chores máis".

A banda desfíxose ao teren que facer os seus membros o servizo militar. Posteriormente, Luis levou a cabo un proxecto en solitario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]