Queilén
| Queilén | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | Los Lagos |
| Provincia: | Chiloé |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 332 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 5.304 hab. ([2009]]) |
| Densidade de poboación: | 15,47 hab./km² |
| Xentilicio: | Queilino/a |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Carlos Gómez Miranda (2000) |
| Sitio na web: | Ilustre Municipalidad de Queilen |
Queilen ou Queilén, chamada da primeira forma polos seus habitantes e as autoridades locais, é unha comuna do Arquipélago de Chiloé, no sur de Chile. Foi fundado por Antonio Cipriano Grille de López y Haro a principios do século XIX e durante moito tempo recibiu o nome de Puerto Grille.
A capitalidade reside no pobo do mesmo nome, coñecido na zona polas súas praias e as vistas do golfo Corcovado e da Cordilleira dos Andes. Atópase a ambos lados dunha punta areosa, a 46 quilómetros de Chonchi. No censo do ano 2002, a súa poboación alcanzaba os 1.912 habitantes, segundo o INE.
Índice |
Xeografía [editar]
Abarca unha porción do sueste da Illa Grande de Chiloé, entre as comunas de Chonchi e Quellón, así como as illas de Acuy e Tranqui. Ten unha superficie de 332 km2.
Illa Acuy [editar]
É unha illa pequena ao sueste do pobo de Queilen. Ten arredor de 2 km de longo e uns 500 metros de ancho nos seus puntos maiores, e polo tanto só conta cunha poboación pequena, maioritariamente indíxena. Nela encóntrase o casarío de Acuy.
Illa Tranqui [editar]
É unha illa que se atopa fronte á capital comunal, a 16 millas náuticas. Posúe 270 habitantes aproximadamente. A illa conta con 7 casaríos: Centinela, Nepué, San José de Tranqui, Alqui, Millahue, Tranqui e Leutepu.
Localidades [editar]
| Localidade | Poboación (2002) | Vivendas (2002) | Categoría INE |
|---|---|---|---|
| Queilén | 1.665 | 586 | Pobo |
| Villa el Lago | 72 | 26 | Casarío |
| Acuy | 67 | 17 | Casarío |
| Detico Alto | 47 | 13 | Casarío |
Outras localidades rurais queilinas [editar]
Na illa Grande de Chiloé: Agoní Alto, Aulen, Las Lajas, Pureo, Agoní Bajo, Contuy, Lelbún, Quechu, Aituy, Paildad, San Miguel, Apeche Alto, Díaz Lira, Pilque, Santa María, Apeche Bajo, Estero Queilén e Pío Pío.
Servizos básicos [editar]
O pobo de Queilen esta dotado de: hospital, casa do concello, liceo polivalente, escola básica, 2 compañías de bombeiros, restaurantes, igrexa, empresas de transporte de pasaxeiros, hotel[1], cabanas, hospedaxes, supermercados, ferreterías, locais con servizo telefónico e internet, sinal para telefonía móbil, servizo de taxis, porto con rampla, aeródromo, museo[2], centro cultural, biblioteca, ximnasio, estadio, entre outros.
Ademais conta coa Biblioteca Pública N°333 "Profesora Helia Sandoval Andrade" que desde o ano 2002 integrou nos seus servizos o Programa Biblioredes, permitindo o libre acceso a Internet e achegando os servizos tecnolóxicos a todos os usuarios tanto da comuna como a quen estean de paso.
Atractivos turísticos [editar]
No sector urbano conta cun peirao peatonal, miradoiro, cascada no esteiro, vistas ao volcán Corcovado, praias habilitadas para o baño...
No sector rural destacan os cisnes na baía de Detico, a ponte de Aituy, as Torres de Acui, as praias de Lelbun, a lagoa en Pio-Pío, o faro Chomío en Ñida, o esteiro de Paildad, etc.
Festas e actividades [editar]
Semana Queilina: realízase a segunda semana de febreiro. Prográmanse actividades tales como: un concurso de castelos de area e outro de disfraces, carros alegóricos, a "noite veneciana", a Expo-Queilen, 2 días de peñas folclórica...
O "reitimiento de Chancho", ou tamén coñecido como "carneo de Chancho", realízanse a segunda fin de semana de xullo no patio cuberto do internado masculino de Queilen.
Ademais realízanse un Torneo Nacional de Xadrez e un Campionato comunal e nacional de Kaiak en febreiro.
Flora e fauna [editar]
A flora e fauna de Queilen é similar á do resto de Chiloé. Destacando especies vexetais nativas tales como: notros, Luma apiculata, luma, Podocarpus, nalcas, Ugni molinae, calafates; e especies introducidas como: groselleiras, Rosa eglanteria.
Atópanse tamén, especies animais tales como: pachancas (pingüíns), lobos mariños, pudús, golfiños chilenos, gaivotas, Vanellus chilensis, loros, voitres negros americanos, andoriñas e gorrións.