Qinna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Qinna

Qinna (擒拿, Qín-na, Qin'na ou Chin na) é unha arte marcial chinesa que posúe como contido principal técnicas de inmobilización e control do opoñente. San practicados movementos e golpes que teñen como obxectivo puntos de presión e que manipulan e estrican articulacións, tendóns e músculos, para someter o contrario, facéndoo que desista co obxectivo de facer ou continuar un movemento de ataque. O nome pode ser traducido como "pegar" ou "asir"; os logogramas "chin" e "na" significan respectivamente "agarrar" ou "suxeitar" e "controlar".[1][2]

Amais da sistematización de súas técnicas, esas non son exclusividade súa mais, ao contrario diso, tamén practicadas en moitos estilos de artes marciais chinesas. Ás veces, combínanse as súas técnicas coas de Shuai jiao, que é unha arte marcial que dá énfase ós agarramentos e derrubamentos. Un dos aspectos que ten moita importancia é o manexo do chi, que é a enerxía que flúe polo corpo enteiro dunha persoa e tamén o máis importante principio do Tai chi chuan.[3] Co emprego preciso de determinadas técnicas, e se o seu manexo for prolongado alén de certo punto, pódese provocar a morte dunha persoa.[4][5]

De entre os estilos de wushu dan que maior importancia a este tipo de técnicas son o Pai huo chuan, o Fan tzi ien jao e o Hung. Hai tamén un estilo transmitido en Macau, por un mestre chamado Wong Po Kan, tamén un experto en Wing chun.

Ao xeneral Yue Fei (1103-1114 EC), que estudou con monxes chineses o Templo Shaolin, atribúese a creación do estilo Hsing-i, un dos tres estilos internos de Wushu, e compilou aí as 108 técnicas de Qinna. Os monxes shaolin desenvolveron as técnicas porque o obxectivo era conseguir subxugar un adversario sen precisar ferilo ou matalo. Aínda hoxe a policía chinesa utiliza as súas técnicas e de Shuai jiao para controlar e inmobilizar criminosos.[6]

As técnicas engloban golpes que van desde o simple agarramento até derrubamento do contrario. Sendo que as técnicas están relacionadas non soamente co control do adversario en si, mais en controlalo por intermedio do uso das liñas nas cales flúen a enerxía corporal (chi). Alguns dos movementos san máis fáciles de dominar namentres outros, non, pois unhas das bases do sistema é o coñecemento sobre a anatomía humana, sobre o comportamento e o funcionamento do corpo.[7][8]

Existen catro divisións principais entre os métodos de loita, máis un, que estuda os puntos de acupuntura:[9][10]

  • Nivel básico
    • Fen jin (división muscular)
    • Tsuo kuo (desprazamento óseo)
  • Nivel avanzado
    • Bih chi toan mie (bloqueo do fluxo de ar ou de sangue)
    • Tien hsuen (presión nos puntos de enerxía)
  • Acupuntura
    • Tien kue

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Curso de Qin Na" (en portugués). Associação MeiHua. http://meihuakungfu.blogspot.com.br/2009/06/curso-de-qin-na.html. Consultado o 26 de febreiro de 2014.
  2. "Chinese Martial Arts: Qin Na (Chin Na)" (en inglés). http://www.warriorpages.com/martialarts/chinese_arts/qin_na.htm. Consultado o 26 de febreiro de 2014.
  3. Dan Docherty. "Shuai Jiao, Die Pu and Qin Na" (en inglés). http://www.taichichuan.co.uk/information/articles/shuai_jiao_die_pu_and_quin_na.html. Consultado o 27 de febreiro de 2014.
  4. "擒拿 SHAOLIN QIN-NA" (en italiano). http://www.shaolintemple.it/%E2%80%9Chong%E2%80%9Darti-esterne/shaolin-qin-na/. Consultado o 28 de febreiro de 2014.
  5. "O que é Chin-Na?" (en portugués). intao. http://intao.com.br/intaonovo/index.php/blog/53-o-que-e-chin-na. Consultado o 28 de febreiro de 2014.
  6. Víctor Lluís Pérez García; Manuela Garcia Gil (en castelán). Oriente y Occidente: sabiduría ancestral. Madrid: Vision Libros. p. 176. ISBN 978-84-9886-183-9.
  7. Jwing-Ming Yang (en castelán). Guía fácil de Qi Gong. Barcelona: Robinbook.
  8. "Qinna" (en inglés). http://www.kungfu-school.com/qinna. Consultado o 28 de febreiro de 2014.
  9. Da Yuan Zhao (2005) (en italiano). Qin Na pratico. I segreti dell'arte delle prese e dei blocchi. Roma: Mediterranee. ISBN 88-272-1746-0.
  10. "Qin Na Shu" (en italiano). http://www.sinergysport.it/arti-marziali/kung-fu/qin-na-shu/. Consultado o 28 de febreiro de 2014.