Qeqertarsuaq
| Qeqertarsuaq | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Qeqertarsuaq |
| País | Groenlandia |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2005) | 1.100 hab. |
| Superficie | 8.578 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 70°0′N 54°0′W / 70°N 54°W |
| Maior Altura | 1.919 m. |
| Localización | |
![]() |
|
Illa de Disko ou Qeqertarsuaq é unha gran illa na Baía de Baffin, na costa oeste da Groenlandia a unha latitude de 70° norte, e cara ao norte da baía de Disko. Ten unha superficie de 8.578 quilómetros cadrados, polo que é a segunda illa máis grande de Groenlandia (logo da illa de Groenlandia) e unha das 100 illas máis grandes do mundo. O nome Qeqertarsuaq significa A Illa Grande (de qeqertaq= illa).
A illa ten unha lonxitude duns 160 quilómetros, un área de 8.578 quilómetros cadrados, e elévase ata unha altura media de 975 metros, alcanzando un máximo de 1.919 metros. O porto de Qeqertarsuaq (nome da illa, e tamén coñecido como Godhavn) atópase na súa costa sur.
Os depósitos de minerais, os fósiles e as formacións xeolóxicas son o mais interesante da zona. Hai máis de 2000 fontes termais na illa.
Erik o Roxo fixo a primeira visita á illa de Disko, nalgún momento entre 982 e 985 e foi utilizada como base para a caza e a pesca de verán polos colonos viquingos.
