Pure Guava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pure Guava
Álbum de Ween
Gravación1992
Duración55:46
Xénero(s)rock psicodélico, lo-fi, neo-progressive, post-industrial
Selo(s)Elektra Records
Producido porWeen
Cronoloxía
The Pod Pure Guava Chocolate and Cheese

Pure Guava é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Ween, editado o 15 de novembro de 1992 a través do selo Elektra Records. O disco conta coa que talvez sexa a canción máis coñecida de Ween, "Push th' Little Daisies". Este tema foi lanzado como sinxelo a través de August Records en 1993, e nel se incluía tanto a versión do álbum como a versión editada para a radio e as cancións "Ode to Rene", "I Smoke Some Grass (Really Really High)" e "Mango Woman".

Moitas das cancións deste álbum proceden de dúas cintas que a banda fixera para os seus amigos. Como afirmou Dean Ween nunha entrevista na radio en 1993, a primeira chamábase "Springtape" e a segunda "The Caprice Classic Tape". Pure Guava marcou a última vez que Ween gravou en catro pistas ata a aparición de La Cucaracha en 2007.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Little Birdy"   3:30
2. "Tender Situation"   3:40
3. "The Stallion, Pt. 3"   3:30
4. "Big Jilm"   2:10
5. "Push th' Little Daisies"   2:48
6. "The Going Gets Tough from the Getgo"   2:08
7. "Reggaejunkiejew"   4:51
8. "I Play It Off Legit"   3:20
9. "Pumpin' 4 the Man"   1:30
10. "Sarah"   2:09
11. "Springtheme"   3:00
12. "Flies on My Dick"   3:26
13. "I Saw Gener Cryin' in His Sleep"   1:48
14. "Touch My Tooter"   2:23
15. "Mourning Glory"   5:14
16. "Loving U Thru It All"   2:28
17. "Hey Fat Boy (Asshole)"   1:53
18. "Don't Get 2 Close (2 My Fantasy)"   3:23
19. "Poop Ship Destroyer"   2:16