Pupuke Robati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pupuke Robati, nado o 9 de abril de 1925 en Rakahangae finado o 26 de abril de 2009 en Auckland (Nova Zelandia), foi un boxeador, médico e político das Illas Cook, que asumiu o posto de primeiro ministro entre o 29 de xullo de 1987 e o 1 de febreiro de 1989.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Robati fixo a súa educación secundaria en Rarotonga, foi boxeador afeccionado, chegando a ser campión de peso galgo das Cook, e realizou a carreira de medicina en Fidxi graduándose en 1948, de volta ás Illas Cook traballou en Rarotonga, Mangaia, e Atiu. En 1966 foi a Nova Zelandia para perfeccionar os seus coñecementos na Universidade de Otago, un ano antes entrara como independente no Parlamento, resultando relixido en 1968, entrou a militar en 1972 no recén creado Partido Demócrata, mantendo o seu escano nas seguintes oito eleccións xerais. En 1978 durante o goberno de Tom Davis asumiu o posto de viceprimeiro ministro e en 1987 converteuse no primeiro ministro logo de retirarse Davis da política, durante os seus 18 meses de mandato fixo aprobar polo parlamento unha emenda constitucional que recoñecía a herdanza dos principios cristiáns do país e afirmando a estrita observancia do sabbath (domingo) no arquipélago, durante o seu goberno o país entrou na Organización Mundial da Saúde.

A derrota do seu partido nas eleccións de 1989 rematou co goberno de Robati. Nomeado cabaleiro do Imperio Británico en 2001, desde ese ano ata 2004 foi presidente do Parlamento pero nas eleccións de 2004 perdeu o seu escano fronte ao candidato independente Piho Rua[1], logo retirouse da política, mantendo o posto de presidente da Asociación de Boxeo Afeccionado das Illas Cook que tiña desde finais da década de 1960.

Notes[editar | editar a fonte]

  1. "Cook Island MPs retain seats following appeals". Radio New Zealand International. 2004-12-03. http://www.rnzi.com/pages/news.php?op=read&id=13570. Consultado o 2010-01-03.