Punto de orballo
O punto de orballo é a temperatura á que empeza a condensarse o vapor de auga contido no aire e auga, producindo orballo, néboa ou, no caso de que a temperatura sexa o suficientemente baixa, xeada.
Para unha masa dada de aire, que contén unha cantidade dada de vapor de auga (humidade absoluta), dise que a humidade relativa é a proporción de vapor contida en relación á necesaria para chegar ao punto de saturación, expresada en porcentaxe. Cando o ar se satura (humidade relativa igual ao 100%) chégase ao punto de orballo.
facendo un exemplo aplicativo:
- Pr = Punto de orballo.
- T = Temperatura en graos Celsius
- H = Humidade relativa.
A fórmula amplamente empregada é:
- Pr = Punto de orballo.
- T = Temperatura en graos Celsius
- H = Humidade relativa.
Esta última fórmula aínda que é amplamente usada non sempre xera o resultado correcto.
A temperatura do punto de orballo depende da presión do gas, feito que non está considerado nas fórmulas anteriores.[1]
![Pr=\ \sqrt[8]{\frac{H}{100}} \cdot (110 + T)\ -\ 110](http://upload.wikimedia.org/math/2/0/c/20c795836923a91b300b70b7fec97b05.png)
![Pr=\ \sqrt[8]{\frac{H}{100}} \cdot (112 + 0,9\cdot T) + (0,1 \cdot T) - 112](http://upload.wikimedia.org/math/2/e/6/2e6931a9fbce252c8b771f4622d62a76.png)