Punto de cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inicial F a punto de cruz.

O punto de cruz é unha forma popular de bordado en que se usan puntadas con forma de cruz para formar unha imaxe. Emprega tamén outras puntadas, entre elas as de ¼, ½, ¾ e de punto atrás. O punto de cruz realízase usualmente sobre tecidos de trama uniforme e distinguible, e con menos frecuencia en tecidos de trama non uniforme, colocándolles encima un tecido de trama uniforme (cañamazo) que se retira fío por fío ó finaliza-lo bordado.

A súa gran difusión pódese deber á gran posibilidade de elementos que ofrece, xa sexan cenefas, debuxos, cadrados, alfabetos, etc. Aplícase tanto ao bordado propiamente dito como á tapicería. Neste caso, o punto de cruz realízase sobre cañamazos previamente marcados, que mostran cada unha das rexións de cada cor a bordar. A máis importante particularidade do punto de cruz é a súa gran posibilidade de esquemas e debuxos en multitude de tecidos, aplicándose, entre outros, en mantelerías, colchas, panos, roupa de cama, toallas.

No punto de cruz contado, o tecelán conta os fíos en cada dirección para que as puntadas sexan uniformes en tamaño e aparencia. En ocasións, o punto de cruz realízase sobre deseños impresos no lenzo, que amosan cada unha das cruces a bordar (punto de cruz estampado).

Historia[editar | editar a fonte]

Flores a punto de cruz.

O punto de cruz é unha das formas de bordado máis antigas que se poden atopar por todo o mundo.[1]Moitos museos de arte popular posúen mostras de tecidos ornamentados con este punto, especialmente da Europa Continental e Asia.Un pouco de historia do punto de cruz a partir destes humildes orixes, esta actividade artesanal foi evolucionando para converterse nunha técnica decorativa e ornamental. E así nos chegaron fragmentos antíguos de roupa achados en xacementos arqueolóxicos de Exipto (500 a.de C.) ou do Asia Central (850 a. de C.) onde aínda hoxe se utiliza nos traxes tradicionais daquelas rexións.

O punto de cruz é unha das técnicas máis antigas de bordado: parece ser que en Asia central atopáronse retales de seda bordados cun punto moi similar ao momento de cruz, que se remontan ao 850 d.C. O verdadeiro punto de cruz, idéntico ao que se realiza actualmente, fixo a súa aparición en Europa durante a Idade Media, para logo difundirse amplamente durante o Renacemento. Xa no ano 1500 empezaron a circular os primeiros esquemas, verdadeiros modelos de temas típicos e recorrentes: decoracións florais, heráldicas e relixiosas, cheas de símbolos como cruces, cálices e pombas. As teas sobre as que se bordaban non comprendían aínda o algodón, senón que eran o liño, a seda e a la. Tamén se dispuña de poucos fíos de cores. Durante moito tempo o máis difundido foi o vermello, capaz de soportar mellor que os demais os lavados.Nos bordados populares da Europa Oriental e Central é característico o punto de cruz en dúas dimensións (sen sombras) con deseños xeométricos e florais, normalmente traballado con fíos de algodón sobre liño.[2]

En Estados Unidos o primeiro mostrario de punto de cruz coñecido localízase no museo Pilgrim Hall en Plymouth, Massachusetts [1]. Este mostrario foi elaborado por Loase Standish, filla do capitán Myles Standish, ao redor de 1653. Tradicionalmente, o punto de cruz utilizábase para embelecer tecidos como mantelerías, lencería e tapetes (só pequenas partes do que actualmente se bordaría, como os bordos). Aínda que existen moitas bordadoras que aínda o empregan para estes usos, especialmente en Europa, é cada vez máis corrente usar este punto para bordar sobre tecidos de tea de panamá ou cañamazo e colgalos na parede como elementos decorativos.

O punto de cruz hoxe en día[editar | editar a fonte]

Motivo sinxelo en forma de ramo para un pano.

Actualmente o fío de algodón mercerizado é o material máis utilizado. Consiste nun fío fabricado en algodón e composto de seis hebras pouco retorcidas para que se poidan separar facilmente. Tamén se adoita utilizar o fío de algodón perlado, a seda e o raión. En ocasións utilízanse diferentes hebras de la, metalizadas ou algunhas outras especiais, ás veces para todo o bordado ou simplemente para detalles e adornos.

Por todo Estados Unidos e Europa existen moitas asociacións de punto de cruz que ofrecen clases, participan en grandes proxectos, tecen para organizacións benéficas e promoven as relacións entre os texedores locais.

Realización[editar | editar a fonte]

Distínguense dous movementos no labor:

  • Ida e volta, que dá unha mellor calidade e aparencia ao revés; e
  • Continuo, que se aconsella especialmente á hora de bordar cenefas.

Así e todo, moitos esquemas de punto de cruz apóianse no pespunte (punto lineal), usado para resaltar o debuxo, e, en menor medida, o punto de cadeneta e o punto pasado.

Variantes[editar | editar a fonte]

Posiblemente sexa a súa elevada práctica a que fixo importantes variacións a partir dunha única idea inicial, mediante a subtracción ou adicción de puntadas. Habemos de citar a outros dous puntos que naceron a partir da famosa x:

  • Petit-point (medio punto). Tapices feitos sobre la que consisten nunha única puntada diagonal (que debe ser idéntica en todo o labor). Trabállase grazas a un bastidor cadrado con la sobre un cañamazo de tapicería que se pode adquirir xa marcado.
  • Punto do diaño. Consiste en bordar dentro dun mesmo cadro unha cruz e un aspa. É frecuente realizalo en mouliné ou en perlé sobre as típicas teas de cadros de Vichy (Francia).

Materiais[editar | editar a fonte]

Detalle do Nadal en punto de cruz.
  • Tea: Liño, tea aida ou panamá, aínda que grazas ao cañamazo (¡non confundir co de tapicería!) o punto de cruz faise viable sobre calquera tecido. Se por exemplo, queremos bordar sobre unha loneta, deberiamos centrar un retal de cañamazo, ganduxalo e bordar segundo a súa trama o punto de cruz. Finalmente, desfaise o cañamazo tirando con sumo coidado dos seus fíos. Consello: nesta situación débese bordar cun pouco máis da tensión normal, xa que, pola contra, ao sacar os fíos, o bordado quedaría ao aire, sendo susceptible dun enganche.
  • Fíos: Preferentemente, mouliné, 100% algodón e traballado a dous hebras.
  • Agullas: Recoméndase o uso dunha agulla curta, xa que permite aproveitar o custoso fío ao máximo. Se se borda sobre aida ou panamá, preferirase unha sen punta (tamén chamada de punta roma), pero se traballa sobre unha tea máis compacta, tupida, deberase utilizar unha agulla con punta afiada.
  • Bastidor? En Inglaterra parece un costume moi arraigado o bordar o punto de cruz nos bastidores de aro, isto é, sen pé; aínda que a gran maioría prefire bordarlo no dedo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Punto de cruz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gillow, John, and Bryan Sentance: World Téxtiles, Bulfinch Press/Little, Brown, 1999, ISBN 0-8212-2621-5, p. 181
  2. Threads (magazine), Issue 11, June/July 1987