Equinoccio
| UTC Táboa coas horas e datas dos solsticios e equinoccios | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ano | Equinoccio marzo |
Solsticio xuño |
Equinoccio set |
Solsticio dec |
||||
| día | hora | día | hora | día | hora | día | hora | |
| 2002 | 20 | 19:16 | 21 | 13:24 | 23 | 04:55 | 22 | 01:14 |
| 2003 | 21 | 01:00 | 21 | 19:10 | 23 | 10:47 | 22 | 07:04 |
| 2004 | 20 | 06:49 | 21 | 00:57 | 22 | 16:30 | 21 | 12:42 |
| 2005 | 20 | 12:33 | 21 | 06:46 | 22 | 22:23 | 21 | 18:35 |
| 2006 | 20 | 18:26 | 21 | 12:26 | 23 | 04:03 | 22 | 00:22 |
| 2007 | 21 | 00:07 | 21 | 18:06 | 23 | 09:51 | 22 | 06:08 |
| 2008 | 20 | 05:48 | 20 | 23:59 | 22 | 15:44 | 21 | 12:04 |
| 2009 | 20 | 11:44 | 21 | 05:45 | 22 | 21:18 | 21 | 17:47 |
| 2010 | 20 | 17:32 | 21 | 11:28 | 23 | 03:09 | 21 | 23:38 |
| 2011 | 20 | 23:21 | 21 | 17:16 | 23 | 09:04 | 22 | 05:30 |
| 2012 | 20 | 05:14 | 20 | 23:09 | 22 | 14:49 | 21 | 11:11 |
| 2013 | 20 | 11:02 | 21 | 05:04 | 22 | 20:44 | 21 | 17:11 |
| 2014 | 20 | 16:57 | 21 | 10:51 | 23 | 02:29 | 21 | 23:03 |
| 2015 | 20 | 22:45 | 21 | 16:38 | 23 | 08:20 | 22 | 04:48 |
| 2016 | 20 | 04:30 | 20 | 22:34 | 22 | 14:21 | 21 | 10:44 |
| 2017 | 20 | 10:28 | 21 | 04:24 | 22 | 20:02 | 21 | 16:28 |
Os equinoccios son os dous puntos de intersección do plano da eclíptica co plano ecuatorial da esfera celeste, isto prodúcese dúas veces ao ano, nos chamados primeiros Puntos de Aries e Libra.
Tamén se pode definir como as dúas datas do ano nas que a órbita da Terra arredor do Sol (a eclíptica) atravesa o plano orbital da Terra en relación ao fondo de estrelas, ou ecuador celeste, e polo tanto, o Sol está á mesma distancia do Polo norte e sur terrestres.
Índice |
Características[editar]
Ese día tódolos puntos da terra reciben o mesmo número de horas luz do Sol (día) e sombra (noite). O equinoccio marca a variación máis rápida de horas de Sol no ano, cuns 3mi de aumento a latitudes como a correspondente a Galicia.
Ocorre dúas veces ó ano, unha no entorno do 21 de marzo (equinoccio de primavera) e outra no entorno do 21 de setembro (equinoccio de outono).
- O equinoccio de outono é o punto no cal o Sol pasa do hemisferio norte ó sur, cousa que ocorre cara ó 21 de setembro, iniciándose o outono no hemisferio norte e a primavera no hemisferio sur. Coñécese tamén como Punto Libra. A súa ascensión recta é de 12 horas e a súa declinación é nula.
- O equinoccio de primavera é o punto no que o Sol pasa do hemisferio sur ó norte, cousa que ocorre cara ao 21 de marzo (iniciándose a primavera no hemisferio norte e o outono no hemisferio sur). Coñécese tamén como Punto Aries ou Punto Vernal. É a orixe da ascensión recta e tanto ela como a declinación son nulas.
Debido á precesión dos equinoccios os Puntos Aries e Libra retroceden 50,25" ó ano, polo que na actualidade o equinoccio de outono deixou de estar na constelación Libra e atópase na súa veciña Virgo e o punto Aries non se acha na constelación Aries (como cando foi calculado por primeira vez, hai polo menos un par de miles de anos) senón na súa veciña Pisces. Os puntos de Aries e Libra están en total oposición.
No 2004, o equinoccio de primavera produciuse ás 7:49 (hora oficial en España) segundo o Observatorio Astronómico Nacional, dando comezo á primavera (no hemisferio norte, que durará 92 días, 18 h e 8 min, ata o 21 de xuño, no que o solsticio de verán dará paso a esta estación. Neses mesmos momentos, no hemisferio sur comeza o outono e o inverno, respectivamente.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- http://www.tecepe.com.br/nav/nav_exe.htm (en portugués)
- Fundamentos da Navegación Astronómica (en portugués)
| Glosario de Astronomía |
|
Acimut | Afelio | Albedo | Bóveda celeste | Burato negro | Cénit | Corpo celeste | Clasificación estelar | Diagrama de Hertzsprung-Russell | Eclíptica | Eclipse | Efeméride | Ecuador celeste | Equinoccio | Esfera celeste | Estrela | Fondo Cósmico de Microondas | Gravidade | Hemisferio celestial norte | Hemisferio celestial sur | Luminosidade | Intensidade de radiación | Magnitude absoluta | Magnitude aparente | Magnitude bolométrica | Nadir | Órbita | Perihelio | Planeta | Precesión | Solsticio | Tránsito | Trópico | Universo | Variacións orbitais | Zodíaco |