Milgranda
- Véxase tamén: Granada.
| Milgranda | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Punica granatum Linné, 1758 [1] | ||||||||||||
A milgranda ou milgrandeira, Punica granatum L., é un arbusto ou pequena árbore froiteira caducifolia, de tronco retorto e moi ramalluda, cultivada desde a máis remota Antigüidade polos seus froitos comestíbeis, as milgrandas ou granadas.[2] [3] [4]
Orixinaria da zona dos actuais Irán e Iraq, a milgranda cultívase no Cáucaso desde tempos moi antigos. Desde alí o seu cultivo estendeuse a outras zonas asiáticas, Oriente Medio e Mediterráneo, alcanzando até o Himalaia, no norte da India.
Na actualidade é amplamente cultivada en toda Turquía, Irán, Siria, Acerbaixán, Armenia, Afganistán, India, Paquistán, Bangladesh, Irak, Líbano, Exipto, China, Xapón, Birmania, Arabia Saudita, Israel, Xordania, as partes máis secas do sueste de Asia, a rexión mediterránea do sur de Europa e a África tropical.[5] Introducida en América Latina e en California polos colonizadores españois en 1769, cultívase tamén en partes de California e Arizona para a produción de zume.[6]
No Hemisferio Norte a granada é froita de temporada normalmente desde setiembro até febreiro.[7] No Hemisferio Sur está en temporada desde marzo até maio.
A milgranda aparece mencionada en numerosos textos antigos, como no Libro do Éxodo, nos Himnos homéricos e no Corán.
Nos últimos anos alcanzou un protagonismo principal nos mercados comerciais de todo o hemisferio occidental.[6]
Índice |
Etimoloxía de Punica granatum, milgranda e granada [editar]
O nome do xénero, Punica, deriva do etnónimo (ou xentilicio) latino Pūnicī, de Pūnicus, -a, -um nome empregado polos romanos para referirse aos cartaxineses e aos seus antepasados fenicios, que formaron un imperio nas costas do Mediterráneo occidental, despois de que se estableceran en Cartago, e que foron a principal potencia opositora á República romana,[8] debido a que os cartaxineses foron activos difusores do cultivo desta árbore, en parte por razóns de tipo relixioso.
O nome específico granatum deriva do adxectivo lanito grānātus, -a, -um, que significa 'con grans' (debido ás sementes do froito —en realidade, froitos, xa que o que se denomina normalmente froito, a granada, é unha infructescencia— que se denominaban grāna (plural de grānum, 'gran'). De aí deriva un dos nomes da froita en galego, granada,[9] e noutros idiomas romances (castelán, granada, portugués, granada —aínda que menos usado que romã—, francés grenade, siciliano granatu).
Porén, no latín clásico o nome da froita era malum punicum ou malum granatum, é dicir, mazá dos cartaxineses ou mazá graúda (de mālum, -i, 'mazá'). Isto deu lugar a nomes como o galego milgranda, que se aplica tanto á árbore como ao froito, o inglés pomegranate, o alemán Granatapfel, o italiano melograno, o catalán magrana, o aragonés minglana ou mengrana, o corso mela granata, o sardo melagranada e os vénetos malgaragno, magragno, pomoingranà e pomogranà.
Outra raíz para "granada" é a exipcia e semítica rmn. Así, encóntrase no antigo exipcio e no hebreo rimmôn, e no árabe rummân. Do árabe pasou a a gran número de linguas, entre elas ao portugués (romã) e ao romanés (rodie).
Descrición [editar]
A milgranda é unha pequena árbore caducifolia de porte arbustivo que pode alcanzar de 5 a 8 m de altura. Pode vivir até 200 anos, pero é máis produtivo en froitas nos primeiros 20 anos de frutificación. A casca do tronco e de cor gris apardazada e tende a agretare e escamasre coa idade.
As follas, caducas, son opostas ou subopostas, brillantes, oblongas, estreitas, enteiras, de 3 a 7 cm de lonxitude e 2 cm de largo. Nalgunhas rexións a árbore non perde as súas follas no inverno.
As flores son de cor vermella brillante, de 3 cm de diámetro, con cinco pétalos (normalmente máis nas plantas cultivadas). Algunhas variedades estériles cultívanse só polas flores.
O froito, a granada, é unha baga globular de tamaño entre o dun pomelo e o dun limón, de 5 a 12 cm de diámetro e pel grosa e coriácea de cor avermellada, dividida internamente en varios lóbulos que conteñen numerosas sementes, cuxo número pode oscilar entre unhas 200 e unhas 1.400 (por termo medio, unhas 600), en contra dalgunhas crenzas que afirman que as granadas teñen todas exactamente o mesmo número de sementes.[10] Cada semente está rodeada por unha polpa cargada de auga —o arilo, a parte comestíbel— de cor que varía entre a branca e á vermella escura ou púrpura, segundo as variedades, revestida por unha cuberta, a sarcotestao testa carnosa de cor branca, esponxosa, astrinxente.[11] [12]
A granada abre espontaneamente ao chegar á madureza por fisuras que deixan ao descuberto o contido de cada lóculo. As aves, atraídas pola viva cor das sarcotestas, consúmenas e, así, as sementes son dispersadas, transportadas polas aves e depositadas coas súas feces; é un caso notábel de dispersión endozoócora.
-
Milgranda cultivada en Israel.
-
Follas, flores e froito (novo) de milgranda. Tunisia.
-
Flor dunha milgranda ornamental no Springs Preserve Garden, Las Vegas, Nevada, EE.UU..
-
Milgranda bonsai.
Historia [editar]
A milgranda é orixinaria dunha vasta rexión que abarcaba os actuais Irán e Iraq, e cultivada desde a máis remota Antigüidade. Desde desde tempos moi antigos o seu cultivo estendeuse a outras zonas asiáticas, Oriente Medio e Mediterráneo, alcanzando até o Himalaia, no norte da India.[13]
O seu froito era moi apreciado nas zonas desérticas, debido a que está protexido da desecación pola súa pela grosa e coriácea, o que permitía que as caravanas a puideran transportar a grandes distancias sen que que iso afectara á conservación das súas calidades, tan apreciadas.
Achamos as súas pegadas en numerosos textos antigos, como no Libro do Éxodo,[14]. nos Himnos homéricos e no Corán.
Sábese que a milgranda se cultivou desde hai polo menos 5000 anos en Asia occidental e no Norte de África. Encontrábase nos xardíns colgantes de Babilonia, e aparece representada en baixorrelevos exipcios.
Os antigos exipcios preparaban co zume do granada un viño lixeiro con sabor a framboesa.
Hipócrates recomendaba o zume da granada contra a febre e como fortificante contra as enfermidades.
A Biblia fai referencia en numerosas ocasións á granada, e sempre na súa defensa.
Os romanos coñeceron a granada grazas aos fenicios, que a levaron de Fenicia a Cartago e, despois, a Roma (de aí o seu nome científico de Punica, como vimos).
Os bérberes introduciron a milgranda en Europa, a través de Al-Ándalus, e a cidade de Granada, fundada no século X, recibiu o seu nome, segundo algúns, a partir do froito desta árbore.
Coa colonización española, a milgranda chegou ao Caribe e a toda a América hispana.
Tamén chegou na súa expansión até o Extremo Oriente.
Mitos, crenzas e tradicións [editar]
Moitos pobos viron a granada como un símbolo do amor, da fertilidade e da prosperidade:
- Os antigos exipcios eran enterrados con granadas.
- Os babilonios crían que mastigar os seus grans antes das batallas facíaos invencíbeis.
- Segundo a mitoloxía grega, o primeiro granado foi plantado por Afrodita, a deusa grega do amor e da beleza, mentres que o deus do inferno, Hades, ofreceulle o seu froito á bela Perséfone para seducila.
- A granada ten un cáliz con forma de coroa. Na tradición xudía esta forma inspirou o deseño para facer as coroas.
- En Xava a granada está asociada a certos ritos que se observan durante o embarazo.
- Segundo Shakespeare, baixo a súa follaxe ocultouse Romeo para cantarlle unha serenata a Xulieta.
- Na China hai o costume de ofrecerlle unha granada aos noivos na voda como auspicio dunha descendencia numerosa (a cor vermella desta froita está considerada na tradición chinesa como unha cor que atrae a boa fortuna).
- No Islam considérase o granado como unha das árbores do Paraíso, conforme a referencias coránicas e as tradicións do profeta Muhammad ou Mahoma.
- En Irán, na festa da noite do Ialda (solsticio de inverno), ofrécense granadas frescas.
Produción [editar]
Os principais países produtores son: Israel, Líbano, Exipto, Tunisia, España e Italia.
Variedades [editar]
- Froiteiras: Fine Tendral, Gabès, Mekens, Mollar d'Elx, Mollar de València, Tendral de Xàtiva, Provence, Maroc, Gafsa, Seedless, Wonderfull, Sweet, Plentiflora, Flavescnes e Albescent, entre outras menos coñecidas.
- Plantas decorativas: sen froitos ou ananas, Flore Pleno, Luteum Plenum, Legrelliae, Maxima Rubra, Nana.
Cultivo [editar]
A especie tolera a seca e pode soportar curtos períodos de xeada (até -15 °C) pero prefire os climas secos. En zonas húmidas a milgranda frutifica mal, porque necesita fortes calores durante todo o período de frutificación, xa que, senón, é atacada por doenzas fúnxicas das que non se recupera.
Propagación [editar]
A milgranda cultivada non se reproduce por sementes e soporta mal os enxertos. Os cultivares propáganse, por tanto, xeralmente por pólas de 30 a 40 cm de lonxitude recollidas no inverno dos brotes. A estas quítaselles a xema terminal, úntase a base da póla con auxina e plántanse de seguido directamente na terra, non deixando máis que uns 3 cm no exterior.
Usos [editar]
Na alimentación [editar]
A froita consúmese natural gran a gran, apartando a codia e as lamelas amargas que separan as celas onde se encontran.
Utilízase para facer sorbetes, bebidas e xaropes artesanais, que entran como ingredientes de varios pratos cociñados.
Na cociña libanesa, o xarope de granadina, chamado Rab er´remane confecciónase a partir das variedades ácidas que lle dan un sabor doce e lixeiramente acidulado. O xarope de granada utilízase en numerosos pratos salgados para darlles unha agradable acidez, tales como as (mtabba), as berenxenas forneadas á crema de sésamo, puré de berenxena forneada ao allo (baba ghannouj) e a lahm b´ajine (pizza libanesa con gornición).
Na cociña de Punjab, ao norte da India, os seus grans secos utilízanse como especia nos platos vexetarianos, aos que proporcionan un sabor agridoce.
A granada tamén ten un lugar importante na cociña iraniana.
A granada é un ingrediente no prato mexicano dos chiles en nogada, onde a cor dos grans vermellos contrasta coa verde dos chiles recheos e a salsa de noz branca, polo que resulta un prato coas cores da bandeira nacional.
A granadina ou xarope de granadina é unha bebida elaborada auga, grans de granada e azucre, que non contén alcohol. Debido a que adoita utilizarse pa preparación de cócteles para adozar e da cor, moitos confúndena con unha bebida alcohólica. Tamén pode tomarse como refresco, combinándoa con soda ou auga. Así mesmo emprégase para darlle sabor a xeados e outras sobremesas.
Granadina e tamén o nome dunha bebida típica de Jalisco (México), que se fabrica con grans de granada que se envolven en tea e se prensan. O zume que solta a froita déixase repousar e tómase posteriormente cun chorro de bebida alcohólica, ou ben sen este.
Para a saúde [editar]
A granada é unha das chamadas, por algúns "superfroitas" por conter varias substancias químicas que teñen accións positivas sobre a saúde: é rica en antioxidantes e en potasio, calcio, magnesio, ferro, manganeso, cobre, zinc e vitaminas C, B, E.
Na medicina tradicional utilízase para facer gargarismos (alivia la tose persistente), contra a febre, as diarreas, os cólicoe tamén se usa como vermífugo. Ten lixeiras propiedades diuréticas e antihipertensivas.
As flores frescas das milgrandas utilízanse en infusión para a asma; a pel da froita, para a disentería e a infusión da codia da raíz, colmo vermífugo contra as tenias.
As fibras da granada, a maioría insolúbeis, son irritantes e están contraindicadas nas persoas que padecen de diverticulites ou de colon irritábel, aínda que son moi beneficiosas para os propensos a retraementos, diarreas e ao tránsito intestinal lento.
Dos grans rosas da granada extráese unha bebida, o "sambu", utilizada nas curas de rexeneración e de limpeza interna que, segundo os seus preparadores, permite, ademais, axudar a perder sobrepeso.[Cómpre referencia]
Valor nutricional [editar]
A granada é unha boa fonte de fibras alimentarias e de ácido fólico (vitamina B9), e unha moi boa fonte de vitamina C.[15]
|
Granada |
|||
| auga: 79 a 80 % | materias nitroxenadas: 1,2 % | carbohidratos: 16 % | valores totais : 100 g |
| fibra: 3 a 3,5 g | valor enerxético: 217 kJ a 251 kJ (1) | ||
| proteínas: 1 g | lípidos: 0,5 g | glícidos: 13 g | |
| Sales minerais e oligoelementos | |||
| Potasio: 250 mg | Fósforo: 22 mg | Calcio: 11 mg | Magnesio: 5 mg |
| Sodio: 5 mg | Ferro: 1 mg | Zinc: 200 µg | Cobre: 100 µg |
| Manganeso: 100 µg | |||
| Vitaminas | |||
| Vitamina C: 20 mg | Vitamina B1: 30 µg | Vitamina B2: 20 µg | Vitamina B3: 20 µg |
| Vitamina B5: 50 µg | Vitamina B6: 10 µg | Vitamina B9: µg | Vitamina B12: µg |
| Vitamina A: 30 µg | Retinol: µg | Vitamina E: µg | Vitamina K: µg |
| Ácidos graxos | |||
| saturados: g | monoinsaturados: g | poliinsaturados: g | Colesterol: 0 mg |
-
-
-
-
-
- (1) 52 a 60 kcal
-
-
-
-
Composición fenólica [editar]
A parte comestíbel do froito fresco é o arilo, a envoltura carnosa vermella que rodea a semente, pero o zume de granada comercial obtense premendo a froita na súa totalidade, coa pel.[17]. A táboa aquí abaixo dá os compostos fenólicos do zume de granada, excepción feita das procianidinas B1 e B2, nas que as concentracións están medidas no zume dos arilos.
- Os arilos das granadas conteñen flavanois (ou catequinas) como as cereixas ou as [[ameixa (froito)|ameixas]s, aínda que en menor cantidade [18]. Tamén están nelas presentes dímeros de flavanois (procianidois) en pequenas cantidades.
- A coloración vermella das granadas responde á presencia de antocianósidos, pigmentos naturais tamén chamados antocianos. O vermello vivo típico das granadas resulta dunha combinación de 3-glicósidos e 3,5-diglicósidos, delfinidol, cianidol e pelargonidol.
- A pel do froito é moi rica en elaxitaninas (glicosa ligada a varios ácidos HHDP) e galotaninas (glicosa ligada a varios ácidos gálicos). A análise cromatografía en fase líquida de alto rendemento (HPLC) detecta [17] isómeros de punicalaxina [19], ausentes no arilo. A punicalaxina é unha elaxitanina complexa, característica da pel da granade, formada por unha molécula de glicosa ligada ao ácidos ellácio e galáxico.
Varias flavonas (como os glicósidos de apixenol e luteolol) encontráronse nas follas.
| Composición fenólica do zume granada puro segundo Phenol-Explore [20]
|
||||||||||||||
|
||||||||||||||
A medida do contido fenólico total (Gil et al.[17] 2000), calculdo polo método Folin-Ciocalteu, dá valores da mesma orde de magnitude para o zume de arilo das granadas, o zume comercial de granada ou un viño tinto californiano (máis de 2000 mg/L) máis do duplo do dunha taza de infusión de té verde (de cualidade non precisada).
Segundo as medidas de Gil et al. (2000), a actividade antioxidante é tres veces superior para un zume comercial (18-20 TEAC) [21] de granada que a dun viño tinto cabernet sauvignon californiano ou da infusión de té verde (6-8 TEAC). O zume comercial elaborado par presión de froitas enteiras ten tamén unha capacidade antioxidante superior á do zume obtido a partir dos arilos sós.
Gil et al. (2000) explican esta grande actividade antioxidante pola presenza de taninos hidrolizábeis (entre eles a punicalaxina) extraídos da pel da granada no procesos de presión das froitas.
Porén estes resultados foron temperados pola análise de Borges et al'[22] que acharon unha moi gran variabilidade na actividade antioxidante dos zumes comerciais. A análise de seis zumes comerciais puros dá índices TEAC que varian até o douplo (de 40,5 a 17,9 mmol/L) e un índice ORAC [23]
Unha ampla variedade de alimentos foron analizados utilizando esta metodoloxía con certas especias, baias e legumes, obtendo valores elevados.[24]
A correlación entre a alta capacidade antioxidante das froitas e legumes, e o impacto positivo dunha alimentación rica en froitas e legumes, suponse que xoga un papel importante na teoría dos radicais libres do envellecemento.
Segundo a Base USDA de índice ORAC de produtos alimentarios, a granada sitúese entre a ameixa e o amorodo
| Actividade antioxidante ORAC de diversas plantas, segundo USDA[25] | |||
| Parte consumida | Planta (nome científico) | ORAC medio ( μmol TE/100g) |
|
|---|---|---|---|
| Noz | Juglans regia | 13 541 | |
| Alcachofa crúa | Cynara scolymus | 6 552 | |
| Ameixa fresca | Prunus domestica | 6 100 | |
| Viño tinto cabernet sauvignon | Vitis vinifera | 4 523 | |
| Granada, fresca | Punica granatum | 4 479 | |
| Amoprodo fresco | Fragaria × ananassa | 4 302 | |
| Mazá granny smith, fresca, coa pel | Malus pumila | 3 898 | |
| Repolo vermello, cocido | Brassica oleracea var. capitata f. rubra | 3 145 | |
| Té verde, infusión de follas | Camellia sinensis | 1 253 | |
Miscelánea [editar]
- Desde 1492 unha granada forma parte, con algunha intermitencia, do escudo de España; é o único estado do mundo cunha granada nos seus emblemas nacionais.
- Granada é o nome da cidade española, antiga capital do Reino Nazarí de Granada na baixa Idade Media, e o seu froito está incluído no escudo de armas actual da cidade.
- Granada é o nombre de varias cidades dalgúns estados (Colorado, Estados Unidos de América, Minnesota, California), dos EE.UU. e de varios países das Américas (México, Colombia,...).
- Granada é unha nación insular caribeña.
- Algúns traballos de investigación recentes revelan que o consumo de granadas pode ter efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular e a prevención de certos tipos de cancro.
- Aínda que a granada non é nativa do Xapón, cultívase amplamente neste país, onde se desenvolveron numerosos cultivares. Utilízase amplamente nos bonsai, debido á súas vistosas flores e polos troncos retorcidos que adquiren os exemplares máis vellos.
- O zume de granada mancha os tecidos permanentemente, a menos que se laven con branqueantes.
- O zume de granada utilízase como tintura natural nas fábricas de produtos non sintéticos.
- Granada é o nome dunha arma explosiva debido á forma e tamaño dalgúns dos seus tipos.
- A granada úsase como indicador ácido-base natural, tornándose rosa en solución ácida e verde en solución básica.
- No occidente de México (estados de Colima, Jalisco e Michoacán), consúmese unha bebida alcohólica a base de zume de granada, tequila ou mezcal, azucre, cacahuetes, noces e, algunhas veces, mazá, chamada "ponche de Granada".
- En Puebla (México) a granada utilízase para o típico chile en nogada, que é un chile poblano recheo de carne e cuberto de salsa de nogada, e que se adorna con granada. É simbólico de México pola súa combinación de cores (verde, branca e vermella).
- A granada deu orixe ao nome da cor granate e do mineral granate, pedra semipreciosa de cor entre vermella escarlata e parda.
- A granada forma parte do escudo da cidade de Tacna, ao sur de Perú.
- A granada deulle o nome á granada e ao granate, pedra semipreciosa de cor entre vermella escarlata e parda.
- O poema de Paul Valéry "Les Grenades" aparece no poemario "Charmes" en 1922.
- O escritor alemán Stefan Andres publicou en 1950 un poemario titulado "A Granada".
- O filósofo Jacques Derrida alude nun dos seus textos,[27] ao valor simbólico relixioso da granada.
- A granadina, ou xarope de granadina, é unha bebida que se elabora con azucre e granadas, e que non contén alcohol.
- A granadina é un palo de flamenco.
- As Granadinas constitúen un arquipélago lineal dunhas 600 illas situadas no mar Caribe, dentro do grupo das illas de Barlovento, que se reparten politicamente entre as nacións insulares de San Vicente e Granadinas e Granada.
Notas [editar]
- ↑ Na ilustración, Punica granatum L., en Otto Wilhelm Thomé: Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885.
- ↑ milgranda s.f. 1. Árbore da familia das punicáceas (Punica granatum), de tronco retorto, follas oblongas e flores vermellas, que dá como froito a granada. A milgranda cultívase no sur da Península Ibérica. 2. Froito desta árbore, de forma arredondada, casca dura dunha cor amarelada tirando a vermella, carne constituída por moitos grans de cor granate ou vermella escura, de sabor doce, que conteñen gran cantidade de zume. A forma da milgranda é semellante á da mazá. SIN. granada. (Definición do DRAG, 2012)
- ↑ milgranda s.f. Froito da milgrandeira, de cor vermella escura e carne constituída por grans de moito zume, separados en varios grupos por tabiques membranosos [é comestible e emprégase en medicina contra s doenzas da gorxa].
milgrandeira s.f. Árbore da familia das punicáceas (Punica grnatum), con ramas delgadas, follas opostas, oblongas, enteiras e lustrosas, flores case sentadas, vermellas e cos pétalos algo dobrados [que dá como froito a milgranda].
(Definicións do Gran dicionario Xerais da lingua, 2009. - ↑ Morfología del granado. Facultad de Agronomía de la Universidad de Chile. (en castelán) Consultada o 7/4/2012.
- ↑ "Pomegranates: An Exquisite Fruit". Exotic Fruit for Health. 19 agosto 2011. http://www.exoticfruitx.com/2011/08/pomegranates-an-introduction/.
- ↑ 6,0 6,1 Purdue New Crops Profile, Pomegranate
- ↑ LaRue, James H. (1980). "Growing Pomegranates in California". California Agriculture and Natural Resources. http://fruitsandnuts.ucdavis.edu/crops/pomegranate_factsheet.shtml.
- ↑ Este nome deriva do latín arcaico Poenicī, á súa vez derivado do grego antigo Φοĩνιξ, -ικοσ, 'feicio' (e tamén 'cartaxinés')
- ↑ Véxase nota 2.
- ↑ Does a larger pomegranate yield more seeds? AquaPhoenix (en inglés) Consultada o 9/4/2012.
- ↑ Punica granatum. Floridata (en inglés) Consultada o 9/4/2012.
- ↑ Sarcotesta é o nome que se lle dá á testa, a parte máis externa das dúas que constitúen o episperma ou tegumento que rodea a semente das plantas espermatófitas. Font Quer, P. (1993): Diccionario de Botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3.
- ↑ The encyclopedia of fruit & nuts. CABI. 2008. p. 610. ISBN 9780851996387.
- ↑ "E nas súas orlas hacharás granadas de azul, púrpura e carmesí ao redor, e entre elas campaniñas de ouro ao redor. Unha campaniña de ouro e unha granada, outra campaniña de ouro e outra granada, en toda a orla do manto ao redor. E estará sobre Aarón cando ministre; e escoitarase o seu son cando el entre no santuario diante de Iavé e cando salga, para que non morra". Éxodo, 28:33-35. Igleisa.net, Biblia.
- ↑ Nutrition Data
- ↑ Composición nutricional dos alimentos (en inglés), (en francés).
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Gil M. I., Tomás-Barberán F. A., Hess-Pierce B., Holcroft D. M., Kader A. A.: "Antioxidant activity of pomegranate juice and its relationship with phenolic composition and processing". J. Agric. Food Chem. 48, nº 10, 2000, pp. 4581-9.
- ↑ Phenol-Explorer pomegranate
- ↑ 2,3-(S)-hexahidroxidifenoil-4,6-(S,S)-galaxil-D-glicosa
- ↑ Phenol-Expl Zume de granada
- ↑ Trolox equivalent antioxidant capacity
- ↑ Borges, Gina; William Mullen e Alan Crozier (2010): "Comparison of the polyphenolic composition and antioxidant activity of European commercial fruit juices", in Food & Function, 1
- ↑ O índice de OAC (acrónimo de "Oxygen Radical Absorbance Capacity"), que significa a capacidade de absorción de radicais oxixenados) é un método de medida das capacidades antioxidantes nos procesos biolóxicos; véxase: Cao, G.; Alessio, H. e Cutler, R. (1993): "Oxygen-radical absorbance capacity assay for antioxidants in Free Radic. Biol. Med., 14 (3) pp. 303–11, e Ou, B., Hampsch-Woodill M. e Prior R. (2001): "Development and validation of an improved oxygen radical absorbance capacity assay using fluorescein as the fluorescent probe. In J. Agric. Food Chem. 49, (10), pp. 619–26.
- ↑ [1] Oxygen Radical Absorbance Capacity of Selected Foods - 2007; Nutrient Data Laboratory, Agricultural Research Service, United States Department of Agriculture, Novembro de 2007.
- ↑ valores medios de ORAC total tirados da táboa (en inglés) "Oxygen Radical Absorbance Capacity (ORAC) of Selected Foods, Release 2 (2010)". Nutrient Data Laboratory, United States Department of Agriculture. 2010. http://www.ars.usda.gov/Services/docs.htm?docid=15866.
A escala ORAC mide un tipo particular de actividade antioxidante que comporta certos inconvenientes, véxase Young. - ↑ O escudo de España réxese poa Lei 33/1981 (Ley 33/1981, de 5 de octubre, del Escudo de España) (sancionada o 5 de outubro), que o brasoa nos seguintes termos:
- Artículo 1º: El escudo de España es cuartelado y entado en punta. En el primer cuartel, de gules o rojo, un castillo de oro, almenado, aclarado de azur o azul y mazonado de sable o negro. En el segundo, de plata, un león rampante, de púrpura, linguado, uñado, armado de gules y coronado de oro. En el tercero, de oro, cuatro palos, de gules o rojo. En el cuarto, de gules o rojo, una cadena de oro, puesta en cruz, aspa y orla, cargada en el centro de una esmeralda de su color. Entado de plata, una granada al natural, rajada de gules o rojo, tallada y hojada de dos hojas de sinople o verde. Acompañado de dos columnas de plata, con la base y capitel de oro, sobre ondas de azur o azul y plata, superada la corona imperial la diestra, y de una corona real la siniestra, ambas de oro, y rodeando las columnas una cinta de gules o rojo, cargada de letras de oro, en la diestra "Plus" y en la siniestra "Ultra", (del latín Plus Ultra). Al timbre, Corona Real cerrada, que es un círculo de oro, engastado de piedras preciosas, compuesta de ocho florones de hojas de acanto, visible cinco, interpoladas de perlas y de cuyas hojas salen sendas diademas sumadas de perlas, que convergen en el mundo de azur o azul, con el semimeridiano y el ecuador en oro, sumado de cruz de oro. La corona forrada de gules o rojo.
- ↑ Jacques Derrida: Glaube und Wissen - Die beiden Quellen der „Religion“ an den Grenzen der bloßen Vernunft. En: Jacques Derrida/Gianni Vattimo (Hg.), Die Religion. Suhrkamp, Frankfurt/M. 2001, S. 9-106, hier: S. 77 und 105.
Véxase Tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Bilderback, Leslie (2007): The Complete Idiot's Guide to Spices and Herbs. Penguin Group. ISBN 1592576745. [2].
- Graham, S. A.; J. Hall; K. Sytsma e S. Shi (2005): "Phylogenetic analysis of the Lythraceae based on four gene regions and morphology!. Int. J. Pl. Sci. 166: 995–1017.
- Janick, Jules e Robert E. Paull (2008): The encyclopedia of fruit & nuts. CABI. p. 610. ISBN 9780851996387.
- Manica, I (2007): Frutas Nativas e Exóticas 4. Romã. Porto Alegre, RS (Brasil): Cinco Continentes.
- Seerman, Navindra P.; Risa N. Schulman e David Heber (2006): Pomegranates: Ancient Roots to Modern Medicine (Medicinal and Aromatic Plants – Industrial Profiles), CRC Press Inc. ISBN 978-0-8493-9812-4.
Ligazóns externas [editar]
- Tropilab Inc. (en inglés) consultada o 9/4/2012.
- Grenadier (Punica granatum) (en francés) consultada o 9/4/2012.
- Pomegranate Fruit Facts (en inglés) consultada o 9/4/2012.
- Pomegranates: Jewels in the Fruit Crown (en inglés) consultada o 9/4/2012.
- How many seeds does a pomegranate have? (análise {estatística) (en inglés).
- O maior descubrimento en alimentación funcional do século XXI (en castelán), consultada o 9/4/2012.