Pukapuka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pukapuka
Foto aerea de Pukapuka
Datos
País Illas Cook
Illa principal Pukapuka
Linguas
Poboación (2006) 507 hab.
Superficie 3 km²
Superficie lagoa 5 km²
Nº de illas >30
Coordenadas 10°53′S 165°40′W / 10.883°S 165.667°W / -10.883; -165.667
Maior Altura
Localización
Localización do atol
Foto desde Satelite de Pukapuka

Pukapuka é un dos atois de coral das Illas Cook. De todas as illas habitadas do arquipélago (664 habitantes segundo o censo de 2001) é a máis illada. Outro nome para PukaPuka é Illas do Perigo, que non debe ser confundida coa Illa Perigo do Arquipélago Chagos no Océano Índico.

Aínda que as infraestruturas están ben mantidas, os voos cara a Pukapuka son raros pois a illa está moito máis preto de Samoa que do resto das Illas Cook. Robert Dean Frisbie inmortalizou a illa na súa obra Illa do Desexo escrita nos anos 30. En febreiro de 2005 Pukapuka e a súa veciña Nassau foron golpeadas polo ciclón Percy que ocasionou graves danos ás propiedades e infraestruturas das illas. A poboación local fala Pukapukano, máis próximo ao samoanomaorí.

Mapa de Pukapuka