Atol Puka Puka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Puka Puka»)
Puka Puka
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 157 hab.
Superficie 4 km²
Superficie lagoa 2´2 km²
Nº de illas
Coordenadas 14°49′S 138°48′O / -14.817, -138.800
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Puka Puka é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado ao nordés do arquipélago, a 1.190 km de Tahití. A superfecie total é de 4 km²; cunha lagoa pequena e pechada. Ás veces inclúese no grupo das illas da Decepción, pero se atopa a 300 km ao leste e está culturalmente diferenciado. O atol foi poboado desde as illas Marquesas e a lingua local está máis relacionada co marquesano que co paumotu.

Antigamente era coñecido como Mahina. A vila principal é Teonemahina, que quere dicir «a area de Mahina». A poboación é de 175 habitantes no censo de 1996.

Conta cun aeroporto, e debido ao seu illamento, administrativamente forma unha comuna dunha única illa.

Historia[editar | editar a fonte]

Puka Puka foi a primeira illa descuberta polos europeos na Polinesia. Fernão de Magalhães chegou o 24 de xaneiro de 1521, a vixilia da festividade da Conversión de San Pablo. Defraudado por non atopar auga nin froitos, chamou á illa San Pablo e ao grupo illas Desafortunadas (Infortunate). Durante moitos anos foi practicamente a única illa que aparecía nos mapas no medio do Pacífico. En 1616 foron redescubertas polos neerlandeses Willem Schouten e Jacob Le Maire. Atoparon tres cans de raza española e chamárona illa dos Cans (Honden Eylandt).

A principios do século XX foi colonizado por traballadores de Fakahina para explotar o recurso de guano e plantar cocos para producir copra. En 1950 foi a primeira illa que atopou Thor Heyerdahl logo de cruzar o Pacífico desde Perú coa súa embarcación de construción tradicional Kon-Tiki. O 1996 foi devastado por un tifón.