Pardela furabuchos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Puffinus puffinus»)
Pardela furabochos

Puffinus puffinus (esquerda)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Procellariiformes
Familia: Procellariidae
Xénero: Puffinus
Especie: P. puffinus
Nome binomial
Puffinus puffinus
(Brünnich, 1764)
O ovo.

A pardela furabuchos[2] ou furabuchos atlántico[3] (Puffinus puffinus) é unha ave da orde das procelariformes pertencente á familia Procellariidae proia do océano Atlántico.

É unha ave mariña de lombo negro e partes inferiores brancas, voa a baixa altura sobre o mar, con planeos rápidos e ladeados, alternando con rápidos aleteos.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntase na superficie ou mergullándose a pouca profundidade, de pequenos peixes, luras, crustáceos e lixo dos barcos pesqueiros.

Anidación[editar | editar a fonte]

Anida en colonias en illas montañosas a pouca distancia do litoral, e só visita o seu niño de noite, no medio dun coro de voces cacarexantes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Puffinus puffinus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa.