Publio Cornelio Escipión o Africano
Nome orixinal | (la) P. Cornelius P.f.L.n. Scipio Africanus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 235 a. C. Roma Antiga |
Morte | 183 a. C. (51/52 anos) Liternum (en) |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
Cónsul romano | |
205 a. C. – 205 a. C. Xunto con: Públio Licínio Crasso Dives (pt) | |
Edil (pt) | |
Gobernador romano | |
Censor romano | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga , militar da Roma antiga |
Período de tempo | Middle Roman Republic (en) |
Lingua | Lingua latina e lingua grega |
Carreira militar | |
Conflito | Segunda guerra púnica e Guerra Romano-Síria (pt) |
Familia | |
Familia | Cornelius Scipio |
Cónxuxe | Emília Tertia (pt) |
Fillos | Cornelia, Cornelia Africana Major (en) , Publius Cornelius Scipio, Lucius Cornelius Scipio (en) , Gnaeus Cornelius Scipio (en) |
Pais | Publio Cornelio Escipión e Pomponia (en) |
Irmáns | Lúcio Cornélio Cipião Asiático (pt) |
Publius Cornelius Scipio Africanus Maior, nado en 235 a.C. e finado en 183 a.C., foi un famoso xeneral e político romano. É máis coñecido por derrotar a Aníbal e por isto é chamado Escipión o Africano.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Posúe o mesmo nome có seu pai pero é alcuñado o Africano. É mencionado por primeira vez como participante na batalla de Tesino. Despois de morrer seu pai e seu tío en Hispania, Publio Cornelio Escipión marchou á Península Ibérica para impedir un ataque de Aníbal. Chegou a finais do 210 a.C. e conquistou cun ataque sorpresa Qart Hadasht, cidade que foi rebautizada como Cartago Nova (Cartaxena), que era a base de operacións dos cartaxineses en Hispania. Nos seguintes tres anos expulsou os cartaxineses e fíxose co control político e territorial.
Anos máis tarde, tras moitos esforzos, convenceu ó senado para invadir Cartago e desembarcou en África no 205 a.C. aproximadamente. No 202 obtivo unha esmagadora vitoria sobre Aníbal na batalla de Zama, lugar situado preto do pobo de Naraggara. Esta derrota marcou o final da segunda guerra púnica. Aníbal fuxiu da cidade co permiso do goberno cartaxinés.
Máis de 10 anos despois, en Asia, venceu ó rei seléucida Antíoco III. Ó regresar a Roma os seus inimigos acusárono de aceptar subornos de Antíoco, pero foi absolto. Decidiu entón retirarse da vida pública e vivir na súa vila de Litercum. Morreu uns meses despois no 183 a.C.
Escipión o Africano é considerado o xeneral romano máis importante antes de Xulio César.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Quen foi Escipión Africano?". gl.eferrit.com. Consultado o 2022-08-06.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Spawforth, Antony; Hornblower, Simon (2008). Diccionario del mundo clásico. Colección: Referencia Crítica (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 9788484325925.
Outros artigos[editar | editar a fonte]