Fento común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pteridium aquilinum")
Fieito/Fento común
DidzialapisSakys.JPG
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Status iucn3.1 LC gl.svg
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Pteridopsida
Orde: Pteridales
Familia: Hypolepidaceae
Xénero: Pteridium
Nome científico
Pteridium aquilinum (L.) Kuhn
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O fento común, felgueira ou fieito común (Pteridium aquilinum (L.) Kuhn) é unha especie de fieito pertencente á familia Hypolepidaceae. Esta especie é un dos organismos vexetais de máis ampla distribución, podéndose atopar en todos os continentes, salvo na Antártida.

En Galicia é o máis estendido dos fentos, ocupando o sotobosque principalmente de piñeirais.

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dun fieito isospóreo (tódalas esporas do mesmo son iguais) vivaz ou perenne cun rizoma subterráneo moi desenvolvido que chega a acadar até un metro de lonxitude, o rizoma é de cor parda e está cuberto de pelos escuros. As frondes son moi grandes, de até 2 metros, con láminas bi ou tripinnadas con pínnulas ovoides e glabras (desprovistas de pelo) na cara superior. O pecíolo é menor ou igual en lonxitude que a lámina.

Posúe soros reunidos en cenosoros (agrupacións de soros) lineares con doble indusio: este doble indusio está composto por unha parte por un pseudoindusio (falso indusio) membranoso composto pola mesma lámina e por un indusio verdadeiro de cor parda no envés das frondes. Os esporanxios son esferoidales e teñen un anel lonxitudinal, e as esporas son triletas (é dicir, teñen unha marca triple prodecente do contacto cas esporas próximas da tétrada) e son moi lixeiras, podéndose espallar de xeito doado por mor do vento. A súa esporulación prodúcese entre xuño e setembro.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Especie subcosmopolita de distribución mundial e ausente en zonas desérticas e subdesérticas, que habita desde o nivel do mar até os 2.000 metros de altitude aproximadamente, sobre pisos profundos ben drenados até areas en zonas frescas con sustratos lixeiramente silíceos. Forma parte de moitas series de vexetación e as súas etapas de degradación ao ser extremadamente resistente aos incendios forestais. En Galicia pódese ver en moitas partes, mais prefire sobosques rareados ou solos ácidos sen cobertura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fento común
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Fento común