Psicrometría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Psicrómetro de Asmann de circulación forzada.

A psicometría é unha rama da ciencia que estuda as propiedades termodinámicas do aire húmido e do efecto da humidade atmosférica nos materiais e no confort humano. O concepto deriva do grego ψυχρομετρία, composto por ψυχρός, frío, e μετρία, medición.[1]

O aire, coñecido como aire húmido, está constituído por unha mestura de aire seco e vapor de auga. O aire seco é unha mestura de varios gases. A súa composición xeral é a seguinte:

En relación coa súa temperatura, o aire ten a propiedade de reter certa cantidade de vapor de auga. A menor temperatura, menor cantidade de vapor, e á inversa, a maior temperatura, maior cantidade de vapor de auga, se se mantén a presión atmosférica constante.

Tamén se considera que é un método para controlar as propiedades térmicas do aire húmido. Represéntase mediante un diagrama psicrométrico.

Usos[editar | editar a fonte]

É útil para conservación de alimentos en cámaras frigoríficas, climatización de locais, procesos de secado e fabricación de medicamentos.

Diagrama psicrométrico[editar | editar a fonte]

É un diagrama no que se relacionan múltiples parámetros referentes a unha mestura de aire húmido: temperatura, humidade relativa, humidade absoluta, punto de orballo, entalpía específica ou calor total, calor sensible, calor latente e volume específico do aire.

Os valores do diagrama non son constantes: varían segundo a altura sobre o nivel do mar. Na bibliografía especializada adóitase referilo á altura do nivel do mar.

Diagrama psicrométrico conceptual.

Emprégase na arquitectura e na enxeñaría para ás instalacións termomecánicas en edificios para dimensionar sistemas de calefacción e de aire acondicionado.

Os procesos de calefacción, refrixeración, humidificación e deshumidificación que transcorren no acondicionamento do aire modifican a condición deste desde un punto de estado inicial até unha condición diferente, representada por un segundo punto no diagrama.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Divry's New English-Greek and Greek-English Dictionary. D. C. Divry Inc. New York, 1983.