Falsa candorca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pseudorca crassidens")
Falsa candorca
False killer whale 890002.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 VU gl.svg
Falsa candorca
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Familia: Delphinidae
Xénero: Pseudorca
Nome científico
Pseudorca crassidens
Owen, 1846 [1]
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A falsa candorca ou negrón [2], Pseudorca crassidens, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia Delphinidae, única do xénero Pseudorca.[3].

Despois da candorca, é un dos dos membros da familia dos golfiños de maiores dimensións.

Vive en auguas de zonas temperadas e tropicais de todo o mundo.

La falsa candorca non foi aínda estudada de forma exhaustiva na natureza polos científicos, e moitos dos datos sobre esta especie obtivéronse do exame de animais varados.

Índice

Taxonomía [editar]

A falsa candorca foi descrita polo paleontólogo e biólogo británico Richard Owen na súa obra de 1846 A history of British fossil mamals and birds.[4] Para iso baseouse nun fósil descuberto no gran pantano de Linconlshire, Reino Unido.

Considerouse que a especie estaba extinta até que Reinhardt confirmou que aínda estaba viva, describindo unha gran manda de exemplares na baía de Kiel en 1861, dos que se puido capturar un, mentres que outros vararon na costa de Dinamarca o ano seguinte.[5]

Como o seu nome común indica, a falsa candorca comparte características coa candorca (Orcinus orca). As dúas especies a primeira vista son moi similares e, ao igual que a candorca, a falsa candorca ataca e mata a outros cetáceos.

Porén, as dúas especies non están tan estreitamente relacionadas como se podería pensar.

Descrición [editar]

É o terceiro delfínido en canto a tamaño, alcanzando unha lonxitude que oscila entre os 3,7 e os 5,5 m e un peso de entre 1,2 e 2 t.[6] Ten un corpo delgado cunha aleta dorsal que pode medir uns 30 cm de alto. Un trazo distintivo desta especie son as características curva e vulto (adoito chamado o "cóbado") a metade de camiño ao longo de cada unha das aletas pectorais.

Cabeza da falsa candorca.
Distribución mundial da falsa candorca.

A súa coloración é uniforme, de gris escura a negra.[7]

Comportamento [editar]

A falsa candorca é un animal sociábel que se agrupa en bandos que poden chegar a estar formados por varios miles de individuos, aínda que habitualmente son de varias decenas.[8]

Ao igual que outros golfiños, é capaz de recoñecerse nun espello.[9]

Alimentación [editar]

O seu alimentación componse principalmente de luras e peixes, xeralmente bacallaos, atúns e bonitos.[10]

Poboación e distribución [editar]

A poboación total descoñécese. No Pacífico oriental estímase que ha uns 40.000 individuos.

Habita as aguas tropicais e temperadas dos grandes océanos do mundo, con maior frecuencia en augas relativamente profundas en mar aberto. Xeralmente non se achan a latitudes maiores dos 50° en ambas as latitudes.[11]

Notas [editar]

  1. Sinónimos:
    * Phocaena crassidens Owen, 1846
    * Orca meridionalis Flower, 1864
    * Pseudorca meridionalis (Flower, 1865)
    * Orca destructor Cope, 1866
    * Globicephalus grayi Burmeister, 1869
    * Pseudorca? meditarranea Giglioli, 1882
  2. Nome proposto pola SGHN na súa Lista provisonal de vertebrados de Galicia.
  3. Wilson, Don e Reeder, DeeAnn, eds. (2005): Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-0. Wilson e Reeder
  4. Owen, R. (1846): A history of British fossil mamals and birds. [1]
  5. Harrison, Matthews L. (1977): La Vida de los Mamíferos, Tomo II da Historia Natural Destino, vol. 17. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X, p. 844.
  6. MacDonald, David e Barrett, Priscilla (2005): Guía de Campo de los Mamíferos de España y de Europa. Barceloa: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1490-2, p. 370.
  7. De aí o nome elixido, provisoriamente, pola SGHN, decisión quizais tamén influída polo feito de que o Padre Sarmiento dixera que "llaman así [negrón] a los arroaces y delfines". (Sarmiento, Frei Matín: Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, 1745-55).
  8. MacDonald e Barrett, Op. cit.
  9. NCBI
  10. MacDonald e Barrett, Op. cit.
  11. Taylor, B.L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S.M., Ford, J., Mead, J.G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R.L. (2010): UINC. Lista vermella. Pseudorca crassidens.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]