Psettodes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Psettodidae»)

Psettodes
Linguados espiñosos

Pstttodes erumei
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Psettodoidei
Familia: Psettodidae
Bonaparte, 1846
Xénero: Psettodes
Bennett, 1831
Especies
  • Véxase o texto
Larvas en estadios tardíos de P. erumei.

Psettodes é un xénero, o único da familia dos psetódidos (Psettodidae) que, á súa vez, é a única da suborde dos psettoideos (Psettodoidei), da orde dos pleuronectiformes.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

Comprende tres especies de peixes planos moi primitivos, relativamente grandes, semellantes aos linguados, das que dúas habitan nas augas tropicais do Atlántico leste, ningunha no Mediterráneo ou no Atlántico europeo, e a terceira no Indo-Pacífico.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Estes peixes están considerados como os máis primitivos da orde dos pleuronectiformes. Como todos os representantes destes peixes teñen o corpo asimétrico, con ambos os ollos nun só lado (á esquerda nesta familia), chamado lado ocular, mentres que ao outro lado do corpo é o chamado lado cego. Porén, nesta familia o ollo dereito non migra completamente durante o seu desenvolvemento, xa que se detén no bordo dorsal da cabeza.[2]

Son, por tanto, menos asimétricos que outros peixes planos.[3]

A boca é ampla e está equipada con dentes pequenos pero moi numerosos. A aleta dorsal comeza na parte posterior, detrás dos ollos, ao contrario que en case todos os outros peixes planos. A liña lateral é completa e está presente incluso no lado cego.[2]

Alcanzan lonxitudes de 55 a 80 cm.[4]

O seu nome común en inglés, spiny turbots (rodaballos espiñentos) débese á presenza de espiñas nas aletas dorsal e anais, o que podería indicar unha relación evolutiva cos perciformes.

Especies[editar | editar a fonte]

As especies actualmente recoñecidas neste xénero son:[4][5]

Xénero Psettodes

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Psettodes Bennett, 1831 no SIIT.
  2. 2,0 2,1 2,2 Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2008): "Psettodidae" en FishBase.
  3. Chapleau, François & Amaoka, Kunio (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, pp. 223–224.
  4. 4,0 4,1 Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Species of Psettodes en FishBase.
  5. Psettodes Bennett, 1831 no WoRMS.
  6. 6,0 6,1 6,2 Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]