Prudencio Landín Carrasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Prudencio Landín Carrasco, nado en Pontevedra o 12 de decembro de 1912 e finado na mesma vila o 30 de xuño de 1988, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Prudencio Landín Tobío. Era licenciado en Dereito e profesor mercantil. Durante a guerra civil española combateu como voluntario no bando nacional, acadando o grao de tenente provisional de artillería. Rematado o conflito bélico retomou o seu labor como avogado. Foi nomeado xefe provincial da policía municipal, traballou na delegación provincial de xustiza e dereito, e foi secretario do Tribunal tutelar de menores en Pontevedra.

En 1957 foi nomeado alcalde de Pontevedra, e en 1959 presidente da Deputación e procurador en Cortes. En 1963 foi nomeado Gobernador civil de Guadalaxara, e o 15 de febreiro de 1964 de Córdoba. O 8 de xuño de 1968 foi nomeado Gobernador civil da Coruña, cargo que ocupou até 1972.

Foille concedida a encomenda de Cisneros, a Gran Cruz do Mérito Civil e do Mérito Agrícola, e outras de carácter militar como a Laureada Colectiva.


Predecesor:
Juan Argenti Navajas
Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra

1957 - 1959
Sucesor:
Xosé Filgueira Valverde
Predecesor:
Luis Suárez-Llanos Menacho
Escudo Pontevedra.jpg
Presidente da Deputación de Pontevedra

1959 - 1963
Sucesor:
Enrique Lorenzo Docampo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]