Proximidades Málaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa esquemático da rede
Tren entre Málaga e Fuengirola.

Proximidades Málaga é un servizo de trens interurbanos entre Málaga e concellos da provincia de Málaga, que pertencen a Proximidades Renfe. Esta rede comprende 70 km de vías férreas, dúas liñas e 24 estacións en servizo.

O núcleo de proximidades de Málaga é un dos máis importantes desde o punto de vista económico de España polo seu número de viaxeiros. O servizo nestas liñas realízase na C-1 con unidades 446 e Civia; e na C-2 con unidades 440R e 446.

Historia[editar | editar a fonte]

A liña Málaga-Fuengirola era propiedade da empresa Ferrocarrís de Málaga a Alxeciras e Cádiz, da que só se construíu este tramo que a compañía Ferrocarrís Suburbanos de Málaga explotou ata 1934, pasando máis adiante a ser administrada por FEVE.

Liñas[editar | editar a fonte]

Liña Percorrido km
C-1 light blue.svg Málaga Centro-Alameda · Málaga-María Zambrano · Victoria Kent · Guadalhorce · Aeroporto · Plaza Mayor · Los Álamos · La Colina · Torremolinos · Montemar-Alto · El Pinillo · Benalmádena-Arroyo de la Miel · Torremuelle · Carvajal · Torreblanca · Los Boliches · Fuengirola 31
C-2 green.svg Málaga Centro-Alameda · Málaga-María Zambrano · Victoria Kent · Los Prados · Campanillas · Cártama · Aljaima · Pizarra · Álora 38