Proxecto It Gets Better

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

It Gets Better (que do inglés podemos traducir Mellorará) é un proxecto internáutico fundado en Estados Unidos por Dan Savage e o seu home[1] Terry Miller[2] o 21 de setembro de 2010, en resposta aos suicidios cometidos por rapaces novos que eran marxinados por ser ou parecer gays. A súa meta é previr o suicidio da xuventude homosexual mediante mensaxes de adultos convencéndoa de que a súa vida irá a mellor.[3]

O proxecto medrou rapidamente, con douscentos vídeos subidos na primeira semana,[4] e a canle do proxecto no YouTube alcanzou o límite dos 650 vídeos na semana seguinte.[5] O proxecto está actualmente organizado coa súa propia páxina web, It Gets Better Project,[5] e inclúe máis de 22.000 entradas de xente de todas as orientacións sexuais, incluíndo famosos.[6] Publicouse un libro de ensaios sobre o proxecto en marzo de 2011.[7]

Honras[editar | editar a fonte]

O proxecto xermolou a raíz do suicidio de Billy Lucas, como doutros adolescentes que eran maltratados por seren gays ou parecelo, tales como Raymond Chase, Tyler Clementi, Ryan Halligan, Asher Brown, e Seth Walsh.[8][9]

En setembro de 2011, Jamey Rodemeyer, de catorce anos, de Buffalo, Nova York suicidouse despois de queixarse do acoso que sufría por ser gai. En maio de 2011 creara un vídeo no YouTube dentro do proxecto It gets better para que outros rapaces homosexuais non sucumbiran ante o bullying.[10]

En outubro de 2011, Jamie Hubley, de quince anos, matouse despois de ter posteado de que non cría que as cousas mellorasen para el.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wyatt Buchanan (21 de outubro de 2005). San Francisco Chronicle, ed. "Marriage can be right for us all, says Dan Savage. But let's not get carried away with monogamy". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  2. Itgetsbetter.org (ed.). "Video: Authors @Google: Dan Savage and Terry Miller on the It Gets Better Project | It Gets Better Project". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  3. Parker-Pope, Tara (22 setembro de 2010). "Showing Gay Teens a Happy Future". The New York Times. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  4. Savage, Dan. "Welcome to the It Gets Better Project". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2010. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 Hartlaub, Peter (2010-10-08). "Dan Savage overwhelmed by gay outreach's response". San Francisco Chronicle. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  6. Noreen Fagan (8 de febreiro de 2011). "Dan Savage talks teens, straight people and It Gets Better". Xtra!. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  7. Furlan, Julia (22 de marzo de 2011). "The 'It Gets Better Project' Turns the Spotlight on Anti-Gay Bullying". WNYC. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  8. GayTimes (ed.). "GT Investigates - In This Issue". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2010. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  9. St. Petersburg Times; Tampabay.com, ed. (2 de outubro de 2010). "In suicide's wake, a message to gay teens: Hang on; you are not alone". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2010. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  10. Tan, Sandra (20 de setembro de 2011). "Teenager struggled with bullying before taking his life". The Buffalo News. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  11. "Jamie Hubley, 15, Commits Suicide After Bullying". news.advocate.com. 17 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]