Provincias atlánticas do Canadá
Provincias atlánticas do Canadá é a rexión do Canadá que comprende catro provincias localizadas na costa atlántica: as tres provincias marítimas (Nova Brunswick, Nova Escocia e a Illa do Príncipe Eduardo) e Terra Nova e Labrador. A poboación das provincias atlánticas era de 2.332.535 habitantes en 2007.[1]
Índice |
Orixe do termo[editar]
O primeiro Premier (primeiro ministro) de Terra Nova e Labrador, Joey Smallwood, acuñou o termo "Provincias Atlánticas" cando Terra Nova e Labrador uníronse ó Canadá en 1949. Smallwood creu que sería presuntuoso para Terra Nova e Labrador asumir que podería incluírse dentro do termo existente "Provincias Marítimas", usado para describir as semellanzas culturais entre Nova Escocia, Illa do Príncipe Eduardo e Nova Brunswick. As tres provincias marítimas uníronse á Confederación no século XIX: Nova Brunswick e Nova Escocia en 1867 e a Illa do Príncipe Eduardo en 1873.
De cando en vez, o termo Marítimas é usado como un sinónimo para "as provincias atlánticas", pero este uso está considerado incorrecto pois o primeiro exclúe a Terra Nova e Labrador.
Comunidades[editar]
(A listaxe inclúe comunidades por riba de 50.000 habitantes, por poboación/área metropolitana).[2]
| Comunidade | Provincia | Poboación (2006) |
|---|---|---|
| Halifax | Nova Escocia | 372.858 |
| San Xoán de Terra Nova | Terra Nova e Labrador | 181.113 |
| Moncton | Nova Brunswick | 126.424 |
| Saint John | Nova Brunswick | 122.389 |
| Cape Breton | Nova Escocia | 105.928 |
| Fredericton | Nova Brunswick | 85.688 |
| Charlottetown | Illa do Príncipe Eduardo | 58.625 |
Notas[editar]
- ↑ Statistics Canada: Canada's population estimates and demographic growth.
- ↑ Statistics Canada: Population and dwelling counts, for census metropolitan areas and census agglomerations
Bibliografía[editar]
- Margaret Conrad and James K. Hiller. Atlantic Canada: a concise history. Don Mills, Ont.: Oxford University Press, 2006.
- Margaret Conrad and James K. Hiller. Atlantic Canada: a region in the making. Toronto: Oxford University Press, 2001.