Provincia marítima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das provincias marítimas de España
Mapa das provincias marítimas de España

Unha provincia marítima é en España unha división administrativa marítima na que se divide o litoral, cada provincia marítima subdivídese en Distritos Marítimos.

Historia[editar | editar a fonte]

As provincias marítimas teñen a súa orixe na Real Cédula de 5 de outubro de 1607, pola que Filipe III de España organizou a matrícula do mar. Crea as primeiras provincias marítimas, dependentes dos departamentos de Ferrol, Cádiz e Cartagena.

Co transcorrer dos anos, o seu número, ámbito xeográfico, e nome de cada provincia, foron cambiando. Na actualidade, a disposición final segunda da Lei 27/1992, de 24 de novembro, de Portos do Estado e da Mariña Mercante, establece que o Goberno, a través do Ministerio de Fomento, é o responsábel de regulamentar esta división do litoral. Na actualidade hai 30 provincias marítimas, segundo regula o Real Decreto 638/2007, do 18 de maio.

Á fronte de cada provincia marítima atópase o Capitán Marítimo (Capitanía Marítima), órgano administrativo do que dependen os Xefes dos distritos marítimos, os cales están á fronte de cada un dos distritos nos que se subdivide a provincia marítima, coma xa se citou.

A Capitanía Marítima é un órgano dependente da Dirección Xeral da Mariña Mercante, adscrita á Secretaría Xeral de Transportes da Secretaría de Estado de Transportes do Ministerio de Fomento.

A Dirección Xeral da Mariña Mercante, xunto aos seus órganos periféricos dependentes -as Capitanías Marítimas e os Distritos Marítimos vencellados a elas- conforma a que se ven a denominar "Administración Marítima Española", e ten asumidas as competencias que lle atribúe a Lei 27/1992 de Portos do Estado e da Mariña Mercante.

Provincias marítimas de España[editar | editar a fonte]

Nome Indicativo de matrícula Distritos Bandeira
Alxeciras AL Tarifa e Alxeciras
Contrasinal de Alxeciras
Contrasinal de Alxeciras
Alacant AT Torrevieja, Santa Pola, Alacant, La Vila Joiosa, Altea e Dénia.
Contrasinal de Alacant
Contrasinal de Alacant
Almería AM Adra, Almería, Carboneras e Garrucha.
Contrasinal de Almería
Contrasinal de Almería
Avilés Avilés, San Esteban de Pravia e Luarca.
Barcelona BA Vilanova i la Geltrú, Barcelona e Arenys de Mar.
Contrasinal de Barcelona
Contrasinal de Barcelona
Bilbao BI Ondarroa, Lekeitio, Bermeo e Bilbao.
Contrasinal de Bilbao
Contrasinal de Bilbao
Burela LU Ribadeo, Burela e Viveiro.
Contrasinal de Burela
Contrasinal de Burela
Cádiz CA El Puerto de Santa María, Cádiz e Barbate.
Contrasinal de Cádiz
Contrasinal de Cádiz
Cartagena CT Águilas CT-2, Mazarrón CT-3, Cartagena CT-4 e San Pedro del Pinatar CT-5.
Contrasinal de Cartagena
Contrasinal de Cartagena
Castelló CP Borriana, Castelló de la Plana e Vinaròs.
Contrasinal de Castelló
Contrasinal de Castelló
Ceuta CU Ceuta.
Contrasinal de Ceuta
Contrasinal de Ceuta
A Coruña CO Sada, A Coruña, Corme, Camariñas, Corcubión, Muros e Noia.
Contrasinal da Coruña
Contrasinal da Coruña
Eivisa IB Eivissa, Sant Antoni de Portmany e Formentera.
Contrasinal de Eivissa.
Contrasinal de Eivissa.
Ferrol FE Cariño, Cedeira e Ferrol.
Contrasinal de Ferrol
Contrasinal de Ferrol
Granada GR Motril.
Contrasinal de Granada
Contrasinal de Granada
Huelva HU Ayamonte, Isla Cristina e Huelva.
Contrasinal de Huelva
Contrasinal de Huelva
As Palmas GC As Palmas de Gran Canaria, Arrecife e Puerto del Rosario.
Contrasinal das Palmas
Contrasinal das Palmas
Málaga MA Estepona, Marbella, Fuengirola, Málaga e Vélez-Málaga.
Contrasinal de Málaga
Contrasinal de Málaga
Mallorca PM Palma, Alcúdia, Maó e Ciutadella de Menorca.
Contrasinal de Mallorca
Contrasinal de Mallorca
Melilla MLL Melilla.
Contrasinal de Melilla
Contrasinal de Melilla
Palamós PG Blanes, Palamós e Roses.
Contrasinal de Palamós
Contrasinal de Palamós
Pasaia SS Hondarribia, Pasaia e Getaria.
Contrasinal de Pasaia
Contrasinal de Pasaia
Santander ST Castro Urdiales ST-1, Laredo ST-2, Santoña ST-3, Santander ST-4, Requejada ST-5 e San Vicente de la Barquera ST-6.
Contrasinal de Santander
Contrasinal de Santander
Sevilla SE Sanlúcar de Barrameda e Sevilla.
Contrasinal de Sevilla
Contrasinal de Sevilla
Tarragona TA Sant Carles de la Ràpita e Tarragona.
Contrasinal de Tarragona
Contrasinal de Tarragona
Tenerife TE Santa Cruz de Tenerife, Los Cristianos, Santa Cruz de la Palma, San Sebastián de la Gomera e El Hierro.
Contrasinal de Tenerife
Contrasinal de Tenerife
Valencia VA Gandia, Valencia e Sagunt.
Contrasinal de Valencia
Contrasinal de Valencia
Vigo VI Portonovo, Marín, Bueu, Cangas, Redondela, Vigo, Baiona e A Guarda.
Contrasinal de Vigo
Contrasinal de Vigo
Vilagarcía VILL Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Vilagarcía de Arousa, Cambados e O Grove.
Contrasinal de Vilagarcía
Contrasinal de Vilagarcía
Xixón GI Llanes (GI-1), Ribadesella (GI-2), Lastres (GI-3), Xixón (GI-4) e Luanco (GI-5).
Contrasinal de Xixón
Contrasinal de Xixón

Históricas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]